venres, 23 de febreiro de 2024

A nosa Rosalía

 









Os máis cativos do cole en homenaxe a Rosalía de Castro traballamos con moita ledicia este día con resultados así de lucidos, traballamos con estas manualidades ademais de coñecer a través de contos e canto un pouquiño máis de esta coñecida escritora galega. 

xoves, 8 de febreiro de 2024

O pasarrúas de infantil ...

  ... festexando o ENTROIDO!











Unha tarde pasada por auga pero non por iso deixamos de divertirnos e festexar coas familias esta festa tradicional da nosa terra. 
Un pasarrúas de Entroido familiar dentro dos espazos do noso cole que nos permitiu estar de festa ao acollido.
Que ben o pasamos!

martes, 6 de febreiro de 2024

Semana vocacional no cole

 


Grazas familias pola vosa colaboración







O alumnado de  1º e 2º puideron aprender e disfrutar dunha charla con varias familias que nos viñeron contar como axudan nesta sociedade.





Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de EP participaron da campaña vocacional, co lema “chámanos a vivir o teu soño”, escoitando as diferentes testemuñas dos pais e nais que lles explicaron a sua vocación a nivel profesional.

Entre eles: piloto de avión, bombeiro, arquitecto técnico, técnico profesional de mantemento e limpeza do ciclo integral de augas, directora de banco e responsable da oficina de turismo.

Grazas ao seu traballo poden axudar a moita xente na sua vida.






O alumnado de 5º e 6º de Primaria tivemos a nosa tradicional “Mesa Vocacional”, afondando, nesta ocasión, na vocación ao coidado e o servizo dos demais. 

Para iso puidemos desfrutar coa charla con 3 excelentes invitadas: Lila, mestra de Primaria e antiga directora pedagóxica de Salesianos Ourense, estivo uns 20 anos no noso centro; “Bebela”, unha encomiable nai de 6 fillos e fillas, das familias de antes, e ademais, emprendedora con 55 anos, agora voluntaria en Mans Unidas; e Isabel, unha auxiliar de enfermaría e asistente a domicilio, unha desas heroínas ás que aplaudíamos tanto en tempos de pandemia. Tres testemuñas, tres historias… tres vidas coas puidemos aprender moito. 

Ademais, fixémoslles algunhas preguntas e creamos un diálogo moi enriquecedor.