Amosando publicacións coa etiqueta #Comezamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Comezamos. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de setembro de 2024

E volveron ...

... os máis importantes!



















Con moitas ganas e ilusión volvemos, un ano máis, ao cole.
Este ano comezamos un mércores 11 de setembro con un gran sol no ceo que nos enche de alegría.

Reencontrarse con compañeiros e compañeiras, ver a aula coa súa nova decoración, os patios, tempo de recreo, os mestres e mestras que nos reciben cun gran sorriso.


Que gran curso no agarda! Temos un bo FUTURO por diante!






domingo, 1 de setembro de 2024

CURSO 24/25




Ano novo, lema novo!

Damos comezo a este novo curso escolar 24-25 no que estaremos acompañados polo lema "Somos Futuro"

Estes tres cartaces irannos guiando ao longo dos trimestres para poder crecer tanto persoal como espiritualmente. 


Xuntos nesta gran Casa que acolle, Escola que prepara para a vida, Patio para xogar libre e Parroquia que evanxeliza.

Sede todos e todas BENVID@S!

venres, 15 de setembro de 2023

Inaguración en Infantil

 A ilusión do novos comezos














Que mellor xeito de comezar un curso que e
ntre xogos, risas, amigos e amigas vellos e novos... 

A mañá pasousenos rapidísimo entre os xogos que nos prepararon con tanto cariño os animadores e animadoras de Amencer, a exhibición de patinaxe organizada por Tamara onde participaban nenos e nenas das etapas de infantil e primaria e como non unha bonita celebración ao aire libre na que puidemos disfrutrar da boa múscia do profe Fran!

Grazas por un día inolvidable :)


venres, 1 de setembro de 2023

Un ano máis... Comezamos!

 


Soñemos todos xuntos neste gran ano





"Abrir camiños" fíxose historia porque asimilamos que a vida, en todas as súas dimensións, é un camiño, que "a meta é estar en camiño".

 E o paso dos días agasállanos, lembrando o bicentenario do soño dos 9 anos, "UN SOÑO PARA TI". Non se sabe moi ben se un é camiñante porque soña ou soña porque camiña. 

Quizais sexa o mesmo. Pero hai soños que marcan a vida.

 O de Xoanciño Bosco foi, é e será "un proxecto de vida". Nel están presentes todos os ingredientes para levar a cabo un estilo de vida válido para todos os tempos: un soño compartido, un soño modelo de acompañamento por quen o realiza, un soño comprometido porque transforma vidas, un soño que abre a vida cara outras fronteiras... Ese soño fíxose realidade e, polo tanto, paga a pena seguir soñando, para descubrir que tamén é “un soño para ti”.



xoves, 8 de setembro de 2022

E chegaron os nenos e as nenas...

 

8 de setembro! 

E volveron os nosos alumnos e alumnas a encher o noso gran colexio, a rebulir dentro das aulas, a encher os nosos patios de berros, risas, xogos ... os corredores cheos de vida outra vez... 

O primeiro foi darlles unha agarimosa Benvida! o segundo ver as súas novas aulas, os compañeiros e compañeiras novos e tamén os vellos. As mestres e mestres que nos agardaban con moitas ganas e ilusión!

Unha mañá chea de emocións e sentimentos que deron inicio nas aulas vendo e falando cos compas!








Logo de pornos ao día cos nosos compañeiros e compañerias e coas nosas mestres e mestras, fomos á Igrexa para dar que Xesús nos dese a benvida a este novo camiño.









Pasamos tamén polo gran teatro para vernos todos as caras, presentar a nosa folla de ruta deste novo camiño e coñecer dun xeito oficial a nosa nova xefa de estudo Cris!



O resto da mañá puidemos disfrutala xogando cos amigos de Amencer que viñeron a presentar o IEF (Saltimbanquis para 1º, 2º 3º de primaria e Andaina para 4º, 5º, 6º) e gozamos vendo unha fermosa exhibición de patinaxe dalgunhas das nosas compañeiras de primaria e a súa gran mestra Tamara.














UN DÍA FANTÁSTICO!