mércores, 23 de decembro de 2020

Celebracións de Nadal

Nadal é tempo de solidariedade, de festas e celebracións, de reencontros..., pero sobre todo é tempo de celebrar que Deus está con nós, que se fixo neno en Xesús e que está presente nas nosas vidas.




E ademais das celebracións cristiás, felicitacións, festivais, concurso de postais...

Bo Nadal e feliz e próspero aninovo!
 

mércores, 2 de decembro de 2020

Novas formas de quilaborar: E-Sports!

 


Unha nova proposta para "quilaborar": participar nas partidas solidarias promovidas pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, da que a Asociación Xuvenil Amencer de Ourense forma parte.

Xogar con mozas e mozos doutros lugares de Galicia por un fin solidario.

Vídeo presentación E-Sports pro Operación Quilo.


martes, 1 de decembro de 2020

Chega decembro. Operación Quilo: Semente de solidariedade.


Como cada ano lembrámonos das persoas que pasan necesidade na nosa cidade.

Por iso desde o colexio traballamos de maneira moi intensa esta campaña solidaria organizada pola Asociación Xuvenil Amencer para recadar alimentos, xoguetes e diñeiro (que se transforma en alimentos) que despois se repartirán desde as Cáritas parroquiais entre as persoas necesitadas de Ourense.

Titorías, pequenos compromisos, achegas persoais e como grupo-aula, implicación das familias, aprender facendo, participar desde as actividades deportivas, ir comprar ao supermercado para doar...

Como dicimos sempre: "Ti que podes, quilabora!".




luns, 23 de novembro de 2020

As visitas culturais... Agora telemáticas!

 A COVID cambiou moitas dinámicas da escola. Entre elas, as visitas ás exposicións, que agora son telemáticas.

Pero non todo o que nos trouxo a pandemia é "malo", con ela tamén chegaron oportunidades como a de visitar a Exposición De Nós a nós do Gaiás ubicada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.






luns, 16 de novembro de 2020

Magosto

 




Outra celebración tan nosa que se tivo que adaptar á situación COVID... Mais no noso cole, nas aulas, seguimos celebrando o San Martiño, seguimos coñecendo e celebrando a tradición dos magostos, tan nosa.

martes, 3 de novembro de 2020

Lembramos a Carvalho Calero

 Aínda que non se lle puido dedicar a Ricardo Carvalho Calero un Día das Letras Galegas como merecía por mor da pandemia, no cole quixemos lembrar a súa figura e o seu legado desde as aulas de Lingua galega no día do seu aniversario.








luns, 2 de novembro de 2020

Retos para o alumnado de 3º ESO...

Desde as clases de Lingua galega traballáronse uns retos diarios para coñecer o que se fai na nosa lingua, descubrir recursos, rachar con prexuízos, descubrir as posibilidades do galego...

Aquí vai o que tiveron que facer:

Celebramos o Samaín





 Aínda que este ano por mor da pandemia tivemos que adaptar esta celebración, non deixamos de festexala nas aulas.

venres, 30 de outubro de 2020

Xeración Nós: aprendemos e damos a coñecer.

Aprendemos nas aulas e preparamos para dárllelo a coñecer ao resto das familias e o alumnado a través do taboleiro do pórtico.
Infantil comezou poñendo o fondo e os seus rostros nas letras. Secundaria completou con imaxes, citas e datos. Traballo en equipo!


















luns, 28 de setembro de 2020

Uns Bos Días especiais...

 


Volvemos cos saúdos matinais. Nestes Bos Días dámosvos a acollida ao cole, que segue sendo a vosa casa, e lembrámosvos algunhas recomendacións hixiénico-sanitarias para comezar o curso con sentidiño.

venres, 25 de setembro de 2020

Protocolo COVID

Neste curso, aos carteis de benvida e do lema doutros cursos sumaránselle unha chea deles para que saibamos en cada momento que temos que facer para que este curso marcado polas restricións provocadas pola COVID sexa o mellor de levar posible.

Atoparedes estes e outros carteis repartidos por todo o centro. Facédelles caso.

Neste novo comezo, SENTIDIÑO!





mércores, 23 de setembro de 2020

Benvidas e benvidos a un novo curso!

 



Este será o lema que nos acompañe ao longo deste novo curso. Arredor del xirarán todas as propostas educativo-pastorais nas que participaremos.

Feliz curso 2020-2021!

E lembrade, coidémonos para coidar. E con sentidiño!

luns, 18 de maio de 2020

Cantádeme un maio... Con outras e outros!

Ademais de celebrar a festa dos maios con deseños creativos creados para tarefas escolares, tamén participamos desde as nosas casas na iniciativa cultural

Así, alumnas e alumnos, profes e familias participamos cantando unhas coplas sumándonos á colaboración que achegou a Asociación Xuvenil Amencer.

Aquí podedes ver o resultado.


venres, 8 de maio de 2020

Aí vén o maio...

Durante o mes de maio traballamos desde a casa esta tradición tan propia destas datas na nosa cidade.

Porque o confinamento non pode evitar que sigamos celebrando as nosas festas.

Aquí vos deixamos algunhas das creacións do alumnado. Canta creatividade!