Amosando publicacións coa etiqueta Aquelando na casa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aquelando na casa. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2020

Aquelando na casa!



Durante estes días nos que os escolares galegos tamén teñen que quedar confinados na casa para evitar o contaxio e propagación do Covid-19, a CRTVG adaptou os seus contidos matinais na súa segunda canle para ofrecer recursos educativos.

Nesta liña naceu Aquelando na casa!, a adaptación dos contidos de divulgación científica que vos presentamos onte á situación actual, de maneira que se poida seguir aprendendo contidos científicos experimentando desde a casa.

Desde aquí poderedes acceder a todos os programas emitidos ata hoxe.

A seguir aprendendo, #aquelanacasa!