Amosando publicacións coa etiqueta festas populares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festas populares. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de novembro de 2021

FESTAS POPULARES! O NOSO MAGOSTO

EN INFANTIL DISFRUTAMOS E GOZAMOS COA NOSA FESTA POPULAR PATRÓN DA CIDADE. O SAN MARTIÑO! 
BAILAMOS MOITO, TIVEMOS UNHA BOA MERENDOLA E POR SUPOSTO COMIMOS UNHA BOÍSIMAS CASTAÑAS ...
DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTIÑOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O PASAMOS E DESEXÁMOSVOS QUE GOCEDES DO MAGOSTO!










 

venres, 12 de febreiro de 2021

Entroido!

 Adaptado ás circunstancias e aos protocolos. "Descafeinado", si; eliminado, non.

Máis imaxes e vídeos nas RRSS do cole.








luns, 16 de novembro de 2020

Magosto

 




Outra celebración tan nosa que se tivo que adaptar á situación COVID... Mais no noso cole, nas aulas, seguimos celebrando o San Martiño, seguimos coñecendo e celebrando a tradición dos magostos, tan nosa.

luns, 2 de novembro de 2020

Celebramos o Samaín





 Aínda que este ano por mor da pandemia tivemos que adaptar esta celebración, non deixamos de festexala nas aulas.

venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido 2020!

Nas semanas anteriores a ponte do Entroido foise preparando un ambiente festivo de Entroido a partires dos mandados do Meco e da Meca en Infantil e Primaria que na semana do venres 21 animábanos a vir ao colexio o luns co xersei ao revés, o martes cun gorro, sombreiro ou complemento para a cabeza, o mércores cunha garabata ou complemento para o pescozo e o xoves anterior con gafas ou anteollos. 

E en Secundaria había os días divertidos ou diverdías vindo ao cole o Martes por exemplo con coletas, o mércores en pixama e o xoves cos ollos pintados.

E o xoves 20 todo Infantil tivo o seu grande desfile pola cidade desfilando arredor do colexio.

Ademais disto, a comisión de apoio as festas populares organizou o venres 21 de febreiro tres grandes festas colexiais do Entroido: pola mañá para Secundaria e pola tarde para Educación Infantil e outra para Educación Primaria.

O colexio inundouse de disfraces, comparsas, baile, desfile, musica, festa e algo de comer como galegos e galegas que somos.

Podedes ver máis fotos nas redes sociais do cole: Facebook, Instagram...












venres, 1 de marzo de 2019

Viva o Entroido!

Personificación do Entroido no cadro de Pieter Bruegel o Vello A guerra do Entroido e a Coresma. Kunsthistorische Museum. Viena

Coñeces as expresións "vestir como un entroido" e "estar como un entroido"? 
E o refrán "Martes de entroido e día de Pascua, cada larpeiro na súa casa"?

Aínda que en diversos puntos da provincia xa comenzaron a festexar o Entroido, no noso cole comezamos esta semana, cos mandados do meco e coas festas de disfraces por seccións.

Con motivo da celebración desta festa popular, aproveitamos para presentarvos un recurso que de seguro vos ha de ser moi útil para coñecer máis e mellor a lingua galega. Trátase do Portal das Palabras, unha iniciativa impulsada pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. Conta con diferentes seccións nas que se dan a coñecer diferentes aspectos do léxico galego: Palabra do día, Setestrelo, Xogos, Mira que din... Na sección "Allos con bugallos" poderás atopar información sobre as expresións e refráns referidos ao Entroido coas que abrimos esta entrada no blog.



Tal e como aparece recollido no sitio web, "o Seminario de Lexicografía da RAG é o responsable de que cada semana se publiquen novos contidos, ben sexan xogos, vídeos, curiosidades léxicas, recursos ou novas. Todos os días propoñerase unha nova palabra da que recibiremos información sobre o seu significado, etimoloxía e outras referencias. Para estar ao tanto de todas as novidades é ben pasarse diariamente por estas páxinas ou estar conectado aos nosos espazos de Facebook e Twitter".

Xa sabes, se queres coñecer mellor este portal e saber máis do léxico galego, preme na ligazón incluída máis arriba ou bótalle unha ollada ao vídeo de presentación da súa web. Seguro que unha vez que o coñezas volverás a el en moitas máis ocasións.