Amosando publicacións coa etiqueta #ProxectosenGalego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #ProxectosenGalego. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2026

Rematamos os nosos ...

 


... mércores da froita!
































Hoxe queremos recoñecer o compromiso e a participación dos nosos nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria na actividade “Mércores da Froita”.

Ao longo de todo o curso escolar, cada mércores, o noso alumnado trouxo froita para merendar a media mañá convertendo este sinxelo xesto nun hábito saudable que contribúe ao seu benestar e á adquisición de estilos de vida máis sans. Esta iniciativa non só fomentou unha alimentación equilibrada, senón que tamén serviu para concienciar sobre a importancia de coidar a saúde desde idades temperás.

Queremos felicitar aos nosos nenos e nenas, verdadeiros protagonistas deste proxecto. Co seu entusiasmo e constancia demostraron que os pequenos hábitos poden xerar grandes resultados. Por este motivo, facemos entrega dun diploma por aula como recoñecemento á súa participación en “Mércores da Froita”, agradecendo o seu esforzo e animándoos a continuar practicando hábitos saudables dentro e fóra da escola.
Parabéns a todos e todas, e moitas grazas pola vosa colaboración! 👏🍎🍌🍐🍊🍓

domingo, 17 de maio de 2026

17 maio...

LETRAS GALEGAS








 

“Mil primaveras máis para o galego” 🌸🏵️🤍💙

Iso berramos con forza no noso acto para reivindicar e festexar as Letras Galegas de 2026 adicadas á gran Begoña Caamaño 👩🏼‍🏫📝📚📰.

 

Coa inestimable axuda de @uxia_moran que se achegou ao cole para dedicarnos unha verbas en prol do galego.

Rematamos un ano máis cantando a viva voz o noso himno “Os Pinos” 🔊🎤 🎵

Viva o GALEGO! Viva GALICIA!

Vémonos nas Letras Galegas 2027! 🤍💙


mércores, 25 de marzo de 2026

Na semana da lingua ...

 ... PATIOS POPULARES!








Ao longo desta semana os nosos patios convertéronse nun lugar de encontro cos xogos populares e tradicionais. 
Que ben o pasamos! XD

venres, 20 de marzo de 2026

Na semana da lingua ...

 ... contacontos co Club Tragalibros!






📚 O venres disfrutamos dunha tarde de contos chea de maxia ✨

Grazas ao Club “Tragalibros” da ESO, mergullámonos en historias que fixeron voar a imaxinación 💫


mércores, 15 de outubro de 2025

Dámoslle a benvida ao ...








... o OUTONO!










 Dende os diferentes niveis de infantil e primaria démoslle a benvida a esta nova estación.


A través de diferentes actividades aprendemos sobre o Outono.


luns, 22 de setembro de 2025

Andando á Escola!

 




🚶‍♀️🚶‍♂️✨ Hoxe, día 22,  celebramos un ano máis “Andando á Escola” 🎒 xa que é o día Mundial sen Automóbiles.

Partimos dende a Ponte Romana e camiñamos xuntos ata o cole acompañados das nosas familias, profes e amigos 👨‍👩‍👧‍👦👩‍🏫.

Grazas á colaboración de Protección Civil, Policía, Garda Civil e a subxefa da delegación de tráfico en Ourense, puidemos gozar dunha xornada segura, divertida e moi especial 🙌💛.

 

Pasámolo xenial e estamos desexando repetir! 🎉👟


luns, 16 de decembro de 2024

Proxectos de centro...

 ... O HORTO!

















Outro dos proxectos que seguimos traballando é no NOSO HORTO!

Todas as semanas imos por cursos para facerlle mantemento, organizar, limpar, regar, ver que fai falta plantar, ...

Segundo o tempo imos sementando os productos de tempada que correspondan e logo coidamos deles. 

Antes de marchar de vacacións para festexar o Nadal fixemos unha gran recollida para que non se botasen a perder os alimentos e para deixar o horto a punto para o 2º trimestre!