luns, 11 de xaneiro de 2021

Grupos do Itinerario de Educación na Fe (IEF) de Amencer: nova invitación para participar neles.

Cando comeza o curso, é tanta a información que moitas veces non nos enteramos. E neste curso que as normas do protocolo COVID invadiron todo, máis. Por este motivo, desde Amencer volveron presentar nas aulas os grupos do IEF.
Non podemos reunirnos en grupos na rúa ou nos parques, pero podemos seguir aprendendo e medrando en grupo desde as propostas de tempo libre na medida en que poidamos ou adaptándonos ás circunstancias.
A invitación está feita: Apúntate a Saltimbanquis, Andaina, ADS ou Catecumenado!