Amosando publicacións coa etiqueta Centro Dramático Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Centro Dramático Galego. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de marzo de 2021

"O charco de Ulises", representación do Centro Dramático Galego.

 E se nós non podemos ir ao teatro, o teatro vén a nós.

O Centro Dramático Galego convidou os centros educativos a participar nunha adaptación da súa última produción: O charco de Ulises, unha relectura do clásico relacionada coa migración de galegos e galegas a América no século pasado.

A través da pantalla non é o mesmo, pero é un xeito de non renunciar á cultura e de descubrir tamén novas propostas culturais que non animen a gozar delas en directo nos teatros. Ademais desta volta puidemos conversar co director do CDG e tamén coas persoas que dirixiron a posta en escena!