Amosando publicacións coa etiqueta #Conmemoración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Conmemoración. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de novembro de 2024

20 N

 DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA



20 N INFANTIL












Hoxe é o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, algo que celebramos todos os días no colexio xogando, compartindo, libres, saudables, protexidos e sen discriminación.

Preparamos unhas coroas debuxadas e decoradas por nós, ademais dunha chea de actividades como a que aparece ao final do vídeo.

 

Sigamos celebrando todos os días do ano, este bonito día 👧🏻👦🏻🛝⚽️🫂🧮📚


domingo, 22 de setembro de 2024

Día mundial sen coche

 

ANDANDO Á ESCOLA











Un ano máis o noso colexio comeza o proxecto de educación vial, celebrando o día mundial sen coches. Como o 22 de setembro é domingo, este venres 20 decidimos visibilizar a importancia da movilidade sostible, como fin de potenciar a actividade física e o coidado medioambiental.

Neste gran día tivemos a sorte de estar acompañados por un grupo representante das autoridades referentes á Policia Nacional, Policia Local, Protección Civil e Xefatura Provinvial de Tráfico para participar un ano máis con nós nesta iniciativa.


Coidando do noso futuro!

venres, 8 de marzo de 2024

8M













 Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
No noso colexio conmemoramos este día tomando conciencia da situación da muller dentro do noso día a día e fomentando o pensamento crítico en todos e cada un dos membros desta familia salesiana.