martes, 28 de febreiro de 2023

Semana vocacional en Infantil

 










Esta semana o alumnado de 5º e 6º de E.I. tiveron a visita de pais,

nais e algunha avóa dentro da campaña vocacional, que este ano foi

dedicada a sanitarios e forzas e corpos de seguridade cidadá.

É un placer facer unha educación compartida coas familias; e para os nosos alumnos e alumnas un orgullo que os seus veñan a ensibarnos un pouquiño do seu traballo.


GRACIAS FAMILIAS 

luns, 27 de febreiro de 2023

Ourense

A NOSA CIDADE VISTA POLO ALUMNADO DE 3º 















Os alumnos de Terceiro demos un paseo pola cidade para ver os diferentes tipos e as características dos barrios da nosa cidade e as sinais e normas de tráfico. Estivemos acompañados por Ana , unha nai técnica de turismo, que nos explicou os monumentos máis importantes do centro histórico. Agora xa coñecemos un pouco máis a historia de Ourense.


xoves, 23 de febreiro de 2023

Día da Cinsa

 O noso "mércores" de cinsa












Comezamos a Coresma 2023 coa celebración da imposición da Cinsa. Xa que o mércores é día non lectivo fixémolo o xoves. A través dunha bonita celebración participativa e con cantos.


luns, 20 de febreiro de 2023

Infantil marcha de comparsa

 De comparsa ...






















Os nenos e nenas de infantil xunto cos seus mestres fixeron un gran desfile polas rúas de Ourense.
Este xoves 16 pola tarde sairon do colexio e deron un paseo lucindo os seus fermosos disfraces realizados polas mestras.
A temática foi o ceo estrelado, coas súas fermosas lúas, as numerosas estrelas e os brillantes soles.
Que fermosos estaban e que ben o pasaron!!!!

xoves, 16 de febreiro de 2023

Semana do MECO e a MECA

 O MECO E A MECA MANDAN...

Durante esta semana tivemos uns convidados especiais O MECO e a MECA que nos foron mandando traer cousiñas día a día para quentar motores de cara o ENTROIDO!

Luns gafas ou anteollos para previr os piollos.
Martes debemos engalanar o pescozo para non caer no pozo.
Mércores de calcetíns variados para ir ben uniformados.
Xoves para rematar algo na cabeza levarás.