venres, 26 de marzo de 2021

"O charco de Ulises", representación do Centro Dramático Galego.

 E se nós non podemos ir ao teatro, o teatro vén a nós.

O Centro Dramático Galego convidou os centros educativos a participar nunha adaptación da súa última produción: O charco de Ulises, unha relectura do clásico relacionada coa migración de galegos e galegas a América no século pasado.

A través da pantalla non é o mesmo, pero é un xeito de non renunciar á cultura e de descubrir tamén novas propostas culturais que non animen a gozar delas en directo nos teatros. Ademais desta volta puidemos conversar co director do CDG e tamén coas persoas que dirixiron a posta en escena!









Visita telemática á exposición "De Nós a nós".

Por mor da COVID non puidemos visitala en grupo no Centro Cultural Marcos Valcárcel (aínda que si puidemos facelo persoalmente coas amizades e a familia), pero tiñamos que aproveitar as visitas telemáticas para poder aprender máis da Xeración Nós a través desta exposición.
Persoas, datos curiosos, contidos, proxección, ideas modernas... Unha sorte poder participar aínda que fose de xeito telemático!
E se no 1920 un grupo de persoas foi quen de lograr poñer Galicia e o galego no eixo do panorama cultural, que non poderemos facer nós no século XXI cos recursos e ferramentas que temos...















xoves, 25 de marzo de 2021

Os "youtubers". Debate.

 Aproveitamos a revolta mediática sobre onde tributan as persoas que teñen milleiros de seguidoras e seguidores en Youtube para facer un debate.

Preparámonos buscando información e argumentos para defender posturas contrarias no patio (aproveitando o bo tempo), na aula, colocamos os pupitres e debatimos.

Foi unha grande aprendizaxe!


















venres, 5 de marzo de 2021

Concurso de relato curto de Coca Cola

 Un grupo de alumnas de 3º ESO participaron nesta 12ª edición do concurso na modalidade de galego, que pola pandemia se readaptou e foi a través do ordenador.

Historias, imaxinación... Tamén en galego.

Sorte a todas!