xoves, 30 de xaneiro de 2020

Día Escolar Pola Non Violencia e a Paz

A comunidade educativa do colexio salesiano Mª Auxiliadora celebrou o xoves 30 de xaneiro un xesto escolar polo día da non violencia e da paz co lema “Coma na casa. Unha casa onde reine a paz”. 

Participamos todo o alumnado, profesorado, PAS e animadores deportivos e de tempo libre. Cada aula reflexionou sobre un aspecto do noso mundo grande e pequeno a partires das distintas estancias e elementos dunha casa.







venres, 24 de xaneiro de 2020

Este mes convidámoste a visitar...


O blog "Sendeiro Periurbano Ourense" na páxina de Voz Natura.

Está xestionado por un equipo de profes do noso colexio e nel poderedes seguir todas as actividades relacionadas coa natureza que se realizan en todo o centro.

O curso pasado gañamos o premio Galicia polo proxecto NATUREZAULA: Sentir, aprender e actuar.


Bótalle unha ollada, é ben interesante...

Porque tamén é importante coñecermos a nosa contorna e poder chamarlle ás cousas tamén polo seu nome en galego.

luns, 20 de xaneiro de 2020

Presentación dos grupos de tempo libre

Na primeira semana do xaneiro, na hora de titoría en Secundaria e nalgunha clase coas persoas titoras en Primaria, volvéronse presentar as actividades extraescolares dos grupos de tempo libre que se dinamizan desde a Asociación Xuvenil Amencer.

Lembróuselle ao alumnado que son, que fan, cando se xuntan, por que é unha boa idea participar neles, como se poden anotar... 

E por se a alguén non lle quedou claro...

- Os venres á tarde xúntanse os Saltimbanquis (para o alumnado de 1º a 3º de EP).

- Os sábados á mañá, xúntanse os Andaina (para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP).

- Os sábados á mañá tamén se xuntan os ADS (para o alumnado de 1º e 2º de ESO ).

- Os venres, desde as 15:45h. até as 00:00h. (os horarios establécense en función dos grupos), reúnense os grupos xuvenís, a oferta para o alumnado de 3º de ESO en adiante.

Unha opción para aprender, medrar e pasalo ben en grupo... Tamén en galego!