domingo, 12 de decembro de 2021

Concienciando en tempos de COVID

 

Os nosos nenos e nenas de infantil poñen o seu gran de area para facernos a vida un pouco máis doce, e neste caso xunto coa axuda das súas mestras fixeron uns fermosos debuxos para mandar ao punto de cribado do CHOU! 




xoves, 11 de novembro de 2021

FESTAS POPULARES! O NOSO MAGOSTO

EN INFANTIL DISFRUTAMOS E GOZAMOS COA NOSA FESTA POPULAR PATRÓN DA CIDADE. O SAN MARTIÑO! 
BAILAMOS MOITO, TIVEMOS UNHA BOA MERENDOLA E POR SUPOSTO COMIMOS UNHA BOÍSIMAS CASTAÑAS ...
DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTIÑOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O PASAMOS E DESEXÁMOSVOS QUE GOCEDES DO MAGOSTO!










 

xoves, 23 de setembro de 2021

Apaixoados polo tempo libre: IEF

Na inauguración deste novo curso gozamos en Primaria da presentación das actividades extraescolares dos grupos de tempo libre que se dinamizan desde a Asociación Xuvenil Amencer.

Mediante o xogo e diversas dinámicas contáronnos que fan, cando se xuntan, por que é unha boa idea participar neles, como se poden anotar... 

Tendo a Saltimbanquis que se xuntas os venres logo do cole, Andaina e ADS os sábados pola mañá. 

Un xeito de gozar e aprender no tempo libre e como non onde tamén ten cabida o GALEGO











mércores, 8 de setembro de 2021

COMEZAMOS EN 3, 2, 1 ...





Comezamos un novo curso cheo de novas oportunidades pero sen perder de vista a realidade que seguimos a vivir!

Este será o lema que nos acompañe ao longo deste novo curso. Arredor del xirarán todas as propostas educativo-pastorais nas que participaremos.

Benvidos ao curso 2021 - 2022!

A VIVIR CON PAIXÓN ESTE NOVO CURSO





mércores, 30 de xuño de 2021

Fin de curso.

 Aínda que para o alumnado as clases remataron o 22, o profesorado continuou traballando ata o día 30 para pechar ata setembro este curso tan diferente, intenso e complexo.

Grazas ao alumnado, ás familias, ao profesorado e a todo o PAS porque sen a complicidade e o esforzo de todos non sería posible rematar sen incidentes salientables este curso.

Tivemos o noso claustro de despedida e marchamos de vacacións ata setembro.

Aínda que Salesianos segue aberto durante o verán con actividades de tempo libre xestionadas desde a Asociación Xuvenil Amencer.

Bo verán e felices vacacións.

Vémonos en setembro!









luns, 21 de xuño de 2021

Visitas culturais e excursións.

A normalización da situación provocada pola COVID permitiunos volver un pouco á normalidade e puidemos participar nas actividades que todos os cursos realizamos fóra das aulas no 3º trimestre, aproveitando o bo tempo.

Visitas culturais e excursións a San Cibrao de Las, Silleda, Padrón, Castrelo de Miño... 

Oportunidades para gozar da natureza, coñecer a riqueza da nosa terra, participar en actividades de ocio, escoitar a fala das xentes doutros lugares.

Adaptadas e seguindo os protocolos, pero unha vez máis sen renunciarmos a elas.










Máis información e fotos nas RRSS do colexio.

martes, 25 de maio de 2021

Festas de María Auxiliadora

Se xaneiro en Salesianos é sinónimo de festa, maio tamén o é coa lembranza á Virxe Auxiliadora.

Non foron unhas festas como as doutros anos, pero seguimos celebrando, que é o importante.

Coma sempre, moitas e diversas actividades para festexar: concursos, bailes, xogos, deportes, celebracións relixiosas, despedida do alumnado de 2º de Bacharelato...

Máis info e fotos nas RRSS do colexio.







mércores, 19 de maio de 2021

Xuntanza vogais de NL

 Neste curso houbo moitas dificultades para poder xuntármonos durante a xornada lectiva. Os grupos burbulla e as restricións non nolo puxeron doado. Pero xa no mes de maio que a cousa marchaba algo mellor, aproveitamos a celebración escolar do Día das Letras Galegas para termos un encontro no que dialogar sobre o uso do galego no noso cole e compartir ideas para promover e normalizar o uso da nosa lingua.







venres, 14 de maio de 2021

Celebración do Día das Letras Galegas

Unha celebración máis que se tivo que adaptar á situación provocada pola COVID.

Iso si, nas aulas e no patio seguimos desexando MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO. 

Ata a prensa se fixo eco do xesto!

Máis info nas RRSS do colexio.