Amosando publicacións coa etiqueta # b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta # b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 17 de xuño de 2026
Rematamos os nosos ...
Hoxe queremos recoñecer o compromiso e a participación dos nosos nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria na actividade “Mércores da Froita”.
Ao longo de todo o curso escolar, cada mércores, o noso alumnado trouxo froita para merendar a media mañá convertendo este sinxelo xesto nun hábito saudable que contribúe ao seu benestar e á adquisición de estilos de vida máis sans. Esta iniciativa non só fomentou unha alimentación equilibrada, senón que tamén serviu para concienciar sobre a importancia de coidar a saúde desde idades temperás.
Parabéns a todos e todas, e moitas grazas pola vosa colaboración! 👏🍎🍌🍐🍊🍓
Etiquetas:
#,
#Curso25-26,
#EducandoenGalego,
#EI,
#EP,
#Frutodiplomas,
#HábitosSaudables,
#Mércoresdafroita,
#ProxectosenGalego,
#ProxectoSI
mércores, 27 de novembro de 2024
Proxectos no cole
SAÚDE INTEGRAL
🍎🍊 Seguimos cos Mércores de Froita no cole! 🍍🍓
O proxecto de saúde comezou outro ano máis con moita enerxía! 💪 Nas aulas, cada mércores é un día especial: o "Mércores de Froita" segue enchendo de frescura e cor as nosas aulas, con todos os nenos e nenas traendo as súas froitas favoritas ao colexio.
O obxectivo segue sendo o mesmo: fomentar unha alimentación saudable, que os pequenos aprendan a elixir opcións nutritivas e, sobre todo, que gocen dunha merenda rica e enerxética!💚
Vémonos o vindeiro mércores con máis froitas! 🍇🍓
Etiquetas:
#,
#Curso24-25,
#EducandoenGalego,
#EI,
#EnGalego,
#EP,
#HábitosSaudables,
#ProxectosenGalego,
#ProxectoSI,
#SaúdeIntegral,
#SomosFuturo
luns, 11 de novembro de 2024
A nosa festa ...
... O MAGOSTO!
Hoxe no noso cole festexamos por todo o alto o MAGOSTO!
Cancións, xogos na clase, fogueira, merenda compartida, obradoiros, ...
Feliz San Martiño a todos e todas!
Etiquetas:
#,
#Convivir,
#Curso24-25,
#EDLG,
#EducandoenGalego,
#EI,
#EnGalego,
#EP,
#FacendoEscola,
#FestasColexiais,
#FestasenGalego,
#FestasTradicionais,
#FestexamosenComunidade,
#Galego,
#Magosto,
#Outono,
#SomosFuturo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































