xoves, 22 de setembro de 2022

O noso proxecto de Educación Vial

 Andando á escola




Hoxe, como parte do proxecto de educación vial, o noso colexio quedou na rúa Ribeiriño para vir xuntos andando á escola. 

 

Un cento de familias, mestres, nenos e nenas, xunto cun grupo representante das autoridades referentes á Policia Nacional, Policia Local, Protección Civil e Xefatura Provinvial de Tráfico, achegáronse para participar un ano máis nesta iniciativa.































xoves, 8 de setembro de 2022

E chegaron os nenos e as nenas...

 

8 de setembro! 

E volveron os nosos alumnos e alumnas a encher o noso gran colexio, a rebulir dentro das aulas, a encher os nosos patios de berros, risas, xogos ... os corredores cheos de vida outra vez... 

O primeiro foi darlles unha agarimosa Benvida! o segundo ver as súas novas aulas, os compañeiros e compañeiras novos e tamén os vellos. As mestres e mestres que nos agardaban con moitas ganas e ilusión!

Unha mañá chea de emocións e sentimentos que deron inicio nas aulas vendo e falando cos compas!








Logo de pornos ao día cos nosos compañeiros e compañerias e coas nosas mestres e mestras, fomos á Igrexa para dar que Xesús nos dese a benvida a este novo camiño.









Pasamos tamén polo gran teatro para vernos todos as caras, presentar a nosa folla de ruta deste novo camiño e coñecer dun xeito oficial a nosa nova xefa de estudo Cris!



O resto da mañá puidemos disfrutala xogando cos amigos de Amencer que viñeron a presentar o IEF (Saltimbanquis para 1º, 2º 3º de primaria e Andaina para 4º, 5º, 6º) e gozamos vendo unha fermosa exhibición de patinaxe dalgunhas das nosas compañeiras de primaria e a súa gran mestra Tamara.














UN DÍA FANTÁSTICO!






xoves, 1 de setembro de 2022

Comezamos Abrindo Camiños como claustro

 

 1 de setembro! 


Damos o pistoletazo de saída deste novo curso 2022 / 2023

Como cada 1 de setembro o noso clautro de mestres e mestras reúnense para dar a benvida a un novo ano escolar. 

Hoxe foi unha mañá chea de alegría e emoción logo duns meses de parón e de disfrute das vacacións do verán! Tralos primeiros momentos de saúdos, o noso director deunos a benvida oficial a un curso (onde a normalidade volve a ser visible) cheo de novos camiños por andar.


Logo dunha intensa mañá de organización rematamos o día cunha foto recordo!

Claustro de mestres e mestras do Curso 22/23