Amosando publicacións coa etiqueta #CamiñandoáEscola. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #CamiñandoáEscola. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de setembro de 2025

Andando á Escola!

 




🚶‍♀️🚶‍♂️✨ Hoxe, día 22,  celebramos un ano máis “Andando á Escola” 🎒 xa que é o día Mundial sen Automóbiles.

Partimos dende a Ponte Romana e camiñamos xuntos ata o cole acompañados das nosas familias, profes e amigos 👨‍👩‍👧‍👦👩‍🏫.

Grazas á colaboración de Protección Civil, Policía, Garda Civil e a subxefa da delegación de tráfico en Ourense, puidemos gozar dunha xornada segura, divertida e moi especial 🙌💛.

 

Pasámolo xenial e estamos desexando repetir! 🎉👟


venres, 29 de marzo de 2024

Un proxecto vial ...

 ... as Telarañas Máxicas!










Os nenos de 6º de E.I. realizamos a actividade das Telarañas Máxicas. Dita actividade consiste en fomentar o uso de medios sostibles para ir ao colexio. Puidemos ir  andando, en bici, en patinete, en autobús ou en coche compartido cos nosos irmáns ou con outros alumnos do centro.

Cada clase tiña unha cor para as pegatinas, que pegaban nunha maceta da mesmo cor; e posteriormente pegaron esa maceta nun mural situado no pórtico .


venres, 22 de setembro de 2023

Soñamos co camiño cara Salesianos


 ANDANDO Á ESCOLA



Como cada 22 de setembro, Día mundial sen coches, Hoxe, ecomo parte do noso proxecto de educación vial, o noso colexio quedou na rúa Ribeiriño para vir xuntos andando á escola. 

 

Un cento de familias, mestres, nenos e nenas, xunto cun grupo representante das autoridades referentes á Policia Nacional, Policia Local, Protección Civil e Xefatura Provinvial de Tráfico, achegáronse para participar un ano máis nesta iniciativa.

Que diver poder vir xuntos e seguros :)








sábado, 25 de marzo de 2023

Semana das Telarañas Máxicas

 Educación vial






Durante esta semana o alumnado de 1º e 2º de primaria veu ao colexio dun xeito sostible; bicicleta, patinetes, coche compartido, ...
A maiores cada día foron realizando diferentes actividades para aprender e reforzar este xeito de desplazarse. 
- Quen me atopo camiño ao colexio?
- Que sinais vexo no meu percorrido?
- Canta distancia hai dende a miña casa ata o colexio?

Todas estas actividades están dentro do noso proxecto anual de educación vial que realizamos en colaboración coa DXT

xoves, 22 de setembro de 2022

O noso proxecto de Educación Vial

 Andando á escola




Hoxe, como parte do proxecto de educación vial, o noso colexio quedou na rúa Ribeiriño para vir xuntos andando á escola. 

 

Un cento de familias, mestres, nenos e nenas, xunto cun grupo representante das autoridades referentes á Policia Nacional, Policia Local, Protección Civil e Xefatura Provinvial de Tráfico, achegáronse para participar un ano máis nesta iniciativa.