martes, 31 de xaneiro de 2023

31 de Xaneiro

 Festexamos DON BOSCO





















Un gran día celebrando xunto a Don Bosco!
Unha maña que comezou cunha celebración conxunta na igrexa, logo xogos de patio e piscina para os maiores e seguimos cunha tarde de xogos na aula e merendola compartida.
Que ben o pasamos festexando este gran día!

luns, 30 de xaneiro de 2023

E chegou o Día da PAZ

 

30 de Xaneiro









Festexamos xuntos un ano máis o acto da Paz.
Infantil e o primeiro ciclo de primaria compartiu os seus fermosos obradoiros.
Do segundo ciclo ata secundaria ofreceronnos unha mochila e un camiño de esperanza e valores necesarios para vivir neste mundo en fraternidade.


luns, 23 de xaneiro de 2023

O noso proxecto de Educación Viaria

 

Convertemos o colexio nun circuito













Este mes traballamos as sinais de tráfico e a súa aplicación real polo que convertemos os  corredores do noso edificio de primaria nun circuito. 

xoves, 19 de xaneiro de 2023

Vemos unha exposición

 


EXPOSICIÓN “SEN BIODIVERSIDADE NON HAI VIDA”












A exposición “Sen biodiversidade non hai vida”, deseñada por Ecoloxistas en Acción, estivo a disposición da comunidade educativa entre o luns 16 e o venres 27 de xaneiro. Grazas a Nancy Blanco, coordinadora de Ecoloxistas en Acción Ourense, encargada de xestionar a cesión do material, a exposición estivo instalada no Laboratorio de Ciencias da Natureza durante a primeira semana, e no hall de secretaría durante a segunda.

A exposición consta de 10 pósters, que tratan os seguintes temas:

  • Sen biodiversidade non hai vida.
  • Que é a biodiversidade.
  • Perdendo biodiversidade.
  • Nós somos a causa.
  • Somos biodependentes.
  • A polinización.
  • Unha farmacia inesgotábel.
  • A biodiversidade, esencial para a economía.
  • Fonte de pracer.
  • Deter a perda de biodiversidade.


Por ela pasamos varios cursos de primaria mentres o noso gran mestre de secundaria Quique nolo explicaba dun xeito máis dinámico.

xoves, 12 de xaneiro de 2023

Mira que boca

 


APRENDEMOS A COIDAR A NOSA BOCA













Ao longo destes días realizamos a actividade " Mira que boca" , cos peques de Infantil dentro do programa de saúde bucodental en atención primaria para nenos do servizo galego de saúde. Non so se explicou e practicou como debemos limpiarnos os dentes se non tamén a importancia dunha alimentación sana para o coidado dos mesmos .