mércores, 23 de decembro de 2020

Celebracións de Nadal

Nadal é tempo de solidariedade, de festas e celebracións, de reencontros..., pero sobre todo é tempo de celebrar que Deus está con nós, que se fixo neno en Xesús e que está presente nas nosas vidas.




E ademais das celebracións cristiás, felicitacións, festivais, concurso de postais...

Bo Nadal e feliz e próspero aninovo!
 

mércores, 2 de decembro de 2020

Novas formas de quilaborar: E-Sports!

 


Unha nova proposta para "quilaborar": participar nas partidas solidarias promovidas pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, da que a Asociación Xuvenil Amencer de Ourense forma parte.

Xogar con mozas e mozos doutros lugares de Galicia por un fin solidario.

Vídeo presentación E-Sports pro Operación Quilo.


martes, 1 de decembro de 2020

Chega decembro. Operación Quilo: Semente de solidariedade.


Como cada ano lembrámonos das persoas que pasan necesidade na nosa cidade.

Por iso desde o colexio traballamos de maneira moi intensa esta campaña solidaria organizada pola Asociación Xuvenil Amencer para recadar alimentos, xoguetes e diñeiro (que se transforma en alimentos) que despois se repartirán desde as Cáritas parroquiais entre as persoas necesitadas de Ourense.

Titorías, pequenos compromisos, achegas persoais e como grupo-aula, implicación das familias, aprender facendo, participar desde as actividades deportivas, ir comprar ao supermercado para doar...

Como dicimos sempre: "Ti que podes, quilabora!".