Amosando publicacións coa etiqueta curso 2020-2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2020-2021. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de xuño de 2021

Fin de curso.

 Aínda que para o alumnado as clases remataron o 22, o profesorado continuou traballando ata o día 30 para pechar ata setembro este curso tan diferente, intenso e complexo.

Grazas ao alumnado, ás familias, ao profesorado e a todo o PAS porque sen a complicidade e o esforzo de todos non sería posible rematar sen incidentes salientables este curso.

Tivemos o noso claustro de despedida e marchamos de vacacións ata setembro.

Aínda que Salesianos segue aberto durante o verán con actividades de tempo libre xestionadas desde a Asociación Xuvenil Amencer.

Bo verán e felices vacacións.

Vémonos en setembro!









luns, 21 de xuño de 2021

Visitas culturais e excursións.

A normalización da situación provocada pola COVID permitiunos volver un pouco á normalidade e puidemos participar nas actividades que todos os cursos realizamos fóra das aulas no 3º trimestre, aproveitando o bo tempo.

Visitas culturais e excursións a San Cibrao de Las, Silleda, Padrón, Castrelo de Miño... 

Oportunidades para gozar da natureza, coñecer a riqueza da nosa terra, participar en actividades de ocio, escoitar a fala das xentes doutros lugares.

Adaptadas e seguindo os protocolos, pero unha vez máis sen renunciarmos a elas.










Máis información e fotos nas RRSS do colexio.

martes, 25 de maio de 2021

Festas de María Auxiliadora

Se xaneiro en Salesianos é sinónimo de festa, maio tamén o é coa lembranza á Virxe Auxiliadora.

Non foron unhas festas como as doutros anos, pero seguimos celebrando, que é o importante.

Coma sempre, moitas e diversas actividades para festexar: concursos, bailes, xogos, deportes, celebracións relixiosas, despedida do alumnado de 2º de Bacharelato...

Máis info e fotos nas RRSS do colexio.







mércores, 19 de maio de 2021

Xuntanza vogais de NL

 Neste curso houbo moitas dificultades para poder xuntármonos durante a xornada lectiva. Os grupos burbulla e as restricións non nolo puxeron doado. Pero xa no mes de maio que a cousa marchaba algo mellor, aproveitamos a celebración escolar do Día das Letras Galegas para termos un encontro no que dialogar sobre o uso do galego no noso cole e compartir ideas para promover e normalizar o uso da nosa lingua.







venres, 14 de maio de 2021

Celebración do Día das Letras Galegas

Unha celebración máis que se tivo que adaptar á situación provocada pola COVID.

Iso si, nas aulas e no patio seguimos desexando MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO. 

Ata a prensa se fixo eco do xesto!

Máis info nas RRSS do colexio.













Proxecto de innovación: Interioridade. Xuntanza do equipo.

Detrás das propostas para traballar a Interioridade no colexio hai un equipo de persoas que traballa en rede con outras educadoras e educadores que fan o mesmo noutros colexios salesianos de Galicia (A Coruña, Lugo, Cambados, Vigo).
A pandemia mudou as xuntanzas presenciais por xuntanzas telemáticas, pero a ilusión e a motivación mantéñense.



luns, 3 de maio de 2021

Benvido, maio!

 No noso cole dámoslle a benvida a este mes elaborando maios, colocando maias no cole e nas casas e visitando o maio de Amencer ao ritmo das coplas, seguindo a tradición.










venres, 30 de abril de 2021

17 en galego

Para seguir mellorando a competencia en Lingua galega desde o Departamento de Lingua propoñen o reto "17 en galego". Unha proposta para realizar cada día ata a celebración do Día das Letras Galegas.

Anímaste? 

venres, 9 de abril de 2021

Celebración pascual.

Fieis á nosa identidade cristiá, tivemos a finais do 2º trimestre as celebracións da reconciliación en ESO-Bac. e tamén unha celebración en clave pascual en EP celebrando a boa nova de que Xesús resucitou!



mércores, 7 de abril de 2021

Campaña de Axuda a Países Empobrecidos (APE)

 No 3º trimestre a campaña solidaria vai dirixida a proxectos desenvolvidos en países empobrecidos.

Traballámolo nas titorías e tamén nos comprometemos coa nosa achega económica para facer posible que outras persoas poidan vivir un pouco mellor.



martes, 6 de abril de 2021

Convivencias en ESO-Bac.

Outros anos iamos a Allariz, faciamos o Camiño de Santiago, camiñabamos ata o Santuario dos Milagres... Este ano a pandemia non nos permitíu facelo así, pero tampouco renunciamos a ter polo menos unha xornada de convivencia para compartir experiencias, coñecérmonos mellor...

E así comezamos o 3º trimestre, convivindo.