Na inauguración deste novo curso gozamos en Primaria da presentación das actividades extraescolares dos grupos de tempo libre que se dinamizan desde a Asociación Xuvenil Amencer.
xoves, 23 de setembro de 2021
Apaixoados polo tempo libre: IEF
mércores, 30 de xuño de 2021
Fin de curso.
Aínda que para o alumnado as clases remataron o 22, o profesorado continuou traballando ata o día 30 para pechar ata setembro este curso tan diferente, intenso e complexo.
Grazas ao alumnado, ás familias, ao profesorado e a todo o PAS porque sen a complicidade e o esforzo de todos non sería posible rematar sen incidentes salientables este curso.
Tivemos o noso claustro de despedida e marchamos de vacacións ata setembro.
Aínda que Salesianos segue aberto durante o verán con actividades de tempo libre xestionadas desde a Asociación Xuvenil Amencer.
Bo verán e felices vacacións.
Vémonos en setembro!
luns, 3 de maio de 2021
Benvido, maio!
No noso cole dámoslle a benvida a este mes elaborando maios, colocando maias no cole e nas casas e visitando o maio de Amencer ao ritmo das coplas, seguindo a tradición.
luns, 11 de xaneiro de 2021
Grupos do Itinerario de Educación na Fe (IEF) de Amencer: nova invitación para participar neles.
mércores, 2 de decembro de 2020
Novas formas de quilaborar: E-Sports!
Unha nova proposta para "quilaborar": participar nas partidas solidarias promovidas pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, da que a Asociación Xuvenil Amencer de Ourense forma parte.
Xogar con mozas e mozos doutros lugares de Galicia por un fin solidario.
Vídeo presentación E-Sports pro Operación Quilo.
martes, 1 de decembro de 2020
Chega decembro. Operación Quilo: Semente de solidariedade.
Como cada ano lembrámonos das persoas que pasan necesidade na nosa cidade.
Por iso desde o colexio traballamos de maneira moi intensa esta campaña solidaria organizada pola Asociación Xuvenil Amencer para recadar alimentos, xoguetes e diñeiro (que se transforma en alimentos) que despois se repartirán desde as Cáritas parroquiais entre as persoas necesitadas de Ourense.
Titorías, pequenos compromisos, achegas persoais e como grupo-aula, implicación das familias, aprender facendo, participar desde as actividades deportivas, ir comprar ao supermercado para doar...
Como dicimos sempre: "Ti que podes, quilabora!".



























