Amosando publicacións coa etiqueta #Innovación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Innovación. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de novembro de 2023

Coñecemos a ...

 




Alexia Moreiras Carcacía













Hoxe, os alumnos e alumnas de 3º EP tivemos a oportunidade de falar con Alexia, unha escritora ourensá que compartiu con nós a súa afección pola lectura e escritura e onde nos deu consellos para ser uns lectores e lectoras de dez e, porque non, uns fantasticos escritores e escritoras de libros.

Grazas Alexia!

martes, 21 de marzo de 2023

Claustro de Innovación educativa

 INNOVACIÓN







Un  trimestre máis reunímonos todos para formarnos e aprender en comunidade. Por iso levamos a cabo un claustro cos mestres de infantil e primaria para poder ver entre todos os proxectos e camiños que imos tomar.

Xuntos abrindo camiños!

mércores, 8 de febreiro de 2023

As telarañas máxicas

 

As telarañas máxicas 

Esta semana os nenos e nenas de 6º de Infantil disfrutaron un montón coa actividade das Telarañas Máxicas. Dita actividade consiste en vir ao colexio camiñando, en bici, patinete… Ao chegar ao colexio recibían unha pegatina para colocar no mural situado nun corcho do pórtico.

Queremos dar as grazas a Sinda Aguiar, a responsable da DXT en Ourense, que nos acompañou un dos días para realizar a actividade, e entregou aos nenos un marcapáxinas que levaron para casa.

Moitas grazas tamén a todas as familias pola súa colaboración.











luns, 3 de outubro de 2022

A nosa organización nas aulas

 

Aprendizaxe Cooperativo


Coa chegada do mes de outubro retomamos o traballo cooperativo que tivemos que deixar durante un tempo.  

Retomamos o aprendizaxe cooperativo, o cal nos permite aproveitar a implicación do alumnado nas múltiples fases do proceso de ensinanza-aprendizaxe: Planificación de tarefas, responsabilidade de grupo e individual, búsqueda e selección de recursos, ... Con esta metodoloxía de traballo fomentamos a inclusión de todo o alumnado.

Outubro traenos logo traballo sobre a identidade de grupo, como apoio e reforzo ao noso lema "Abrimos Camiños" os nomes e referentes de grupos do noso alumnado serán para coñecer e descubrir información sobre grandes homes e mulleres que abriron camiños na nosa historia como: Cristóbal Colón, Amelia Earth, Bessie Coleman, Copérnico, ...