Amosando publicacións coa etiqueta #Celebración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Celebración. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de decembro de 2025

O noso Nadal


ILUSIÓN. FE. ESPERANZA













  E chegou o Nadal. Unha época de ilusión e esperanza que neste cole sabesmo festexar moi ben.

Entre festivais, oracións, celebracións, visitas ao noso belén, visita dos Paxes Reais, actividades especiais como a pista de xeo ...

Pero sempre gardamos forzas e tempo para actividades solidarias como a nosa gran recollida de alimentos, xoguetes e roupa, apoiando sempre a Amencer coa súa Operación Quilo!

É un tempo para gozar pero tamén un tempo axudar!

Bo Nadal a todos e todas! :)

venres, 12 de setembro de 2025

Festexamos ...

 ... a inauguración deste curso sendo PROTAGONISTAS DA HISTORIA!!!







Hoxe, as etapas de infantil e primaria vivimos un momento moi especial: a inauguración oficial deste curso 25-26.

O patio de primaria encheuse de rapazada, profesorado, pas e comunidade salesiana vivindo un momento de ledicia, sorrisos compartidos e moita ilusión. Compartindo entre todos unha pequena celebración que marca o inicio dunha nova aventura chea de aprendizaxes, xogos e momentos compartidos.

Logo desta celebración, acudimos toda a comunidade educativa á fachada do colexio para asisitir a un xesto simbólico contra os incendios que tanto dano causaron este verán na nosa terra.

O alumnado da ESO liu un manifesto no qeu expresaron a nosa solidaridade coas persoas afectadas e o noso agradecemento a todas as persoas e equipos que loitaron para frear o avance das lapas: brigadistas, bombeiros, persoas voluntarias, veciñanza e corpos de seguridade.

Unha chamada á conciencia, ao coidado da natureza e á esperanza de qeu xuntos podemos protexer a nosa TERRA.

venres, 23 de febreiro de 2024

A nosa Rosalía

 









Os máis cativos do cole en homenaxe a Rosalía de Castro traballamos con moita ledicia este día con resultados así de lucidos, traballamos con estas manualidades ademais de coñecer a través de contos e canto un pouquiño máis de esta coñecida escritora galega.