xoves, 28 de setembro de 2023

Recreos activos

 Eu móvome, e ti?









O recreo, un espazo saludable e para todos e todas!!!


Dende o comezo deste curso soñamos con recuperar o proxecto dos “Recreos Activos”, unha proposta dirixida ao alumnado de infantil e primaria, que ten como obxectivo contribuir ao desenvolvemento das destrezas tanto físicas como sociais a través do xogo.


venres, 22 de setembro de 2023

Soñamos co camiño cara Salesianos


 ANDANDO Á ESCOLA



Como cada 22 de setembro, Día mundial sen coches, Hoxe, ecomo parte do noso proxecto de educación vial, o noso colexio quedou na rúa Ribeiriño para vir xuntos andando á escola. 

 

Un cento de familias, mestres, nenos e nenas, xunto cun grupo representante das autoridades referentes á Policia Nacional, Policia Local, Protección Civil e Xefatura Provinvial de Tráfico, achegáronse para participar un ano máis nesta iniciativa.

Que diver poder vir xuntos e seguros :)








venres, 15 de setembro de 2023

Inaguración en Infantil

 A ilusión do novos comezos














Que mellor xeito de comezar un curso que e
ntre xogos, risas, amigos e amigas vellos e novos... 

A mañá pasousenos rapidísimo entre os xogos que nos prepararon con tanto cariño os animadores e animadoras de Amencer, a exhibición de patinaxe organizada por Tamara onde participaban nenos e nenas das etapas de infantil e primaria e como non unha bonita celebración ao aire libre na que puidemos disfrutrar da boa múscia do profe Fran!

Grazas por un día inolvidable :)


venres, 1 de setembro de 2023

Un ano máis... Comezamos!

 


Soñemos todos xuntos neste gran ano





"Abrir camiños" fíxose historia porque asimilamos que a vida, en todas as súas dimensións, é un camiño, que "a meta é estar en camiño".

 E o paso dos días agasállanos, lembrando o bicentenario do soño dos 9 anos, "UN SOÑO PARA TI". Non se sabe moi ben se un é camiñante porque soña ou soña porque camiña. 

Quizais sexa o mesmo. Pero hai soños que marcan a vida.

 O de Xoanciño Bosco foi, é e será "un proxecto de vida". Nel están presentes todos os ingredientes para levar a cabo un estilo de vida válido para todos os tempos: un soño compartido, un soño modelo de acompañamento por quen o realiza, un soño comprometido porque transforma vidas, un soño que abre a vida cara outras fronteiras... Ese soño fíxose realidade e, polo tanto, paga a pena seguir soñando, para descubrir que tamén é “un soño para ti”.