xoves, 22 de decembro de 2022

O Noso Nadal

 Festas tradicionais

O Noso NADAL











Neste mes de decembro levamos a cabo diversas actividades para festexar a chegada do Nadal.

Festexamos na Igrexa, visitamos o Belén Colexial, Visitounos unha Paxe Real para poder entregarlle as nosas cartas dos Reis Magos, saimos a gozar do Carrusel, ...

Foi un mes moi divertido do que gozamos moito.



mércores, 30 de novembro de 2022

O Universo

 

Proxecto do Universo




















Os alumnos e alumnas de 4ºEP realizamos un proxecto sobre o Universo.

Con material de refugallo, elaboraron os Sistema Solar cos seus planetas e o Sol e as fases lunares.

O resultado foi este: uns autenticos artistas!

xoves, 24 de novembro de 2022

Celebrando a María Auxiliadora


 Os nosos 24 de cada mes








Neste mes de novembro achegámonos a María.

Os nosos 24 de cada mes son un día de festexar, de comunidade, de igrexa, ... para ver, falar e cantar con e para María Auxiliadora. 

luns, 21 de novembro de 2022

Formación TEA

 

 Mestres en continua formación





Hoxe tivemos a fantástica visita das profesionais da Asociación ApúntasTE para darnos a primeira parte dunha formación sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA. 
Traballamos para mellorar a vida no noso alumnado e favorecer o noso desenvolvemento integral como persoas, sempre abrindo camiños xuntos cara realidades diferentes. 

domingo, 20 de novembro de 2022

20N

 

Día internacional dos Dereitos da Infancia











O 20 de novembro celébrase a declaración dos Dereitos da Infancia; con este motivo coronamos aos nosos nenos e nenas de Infantil, porque realmente elas son as raíñas e os reis do noso cole; Son eles os que dan valor a este reino chamado Colexio Salesianos.




martes, 15 de novembro de 2022

Os alimentos

 


Os grupos de alimentos e a Pirámide alimenticia













Os nenos e nenas de segundo realizaron un traballo en grupos cooperativos sobre os alimentos e as substancias nutritivas que nos aprotan e a pirámide alimenticia, que lles servíu para repasar en gran grupo a necesidade dunha alimentación saudable e completa! 

Unha actividade que nos axuda a tomar conciencia da nosa alimentación e que nos permitiu traballar dende a motricidade fina ata a toma de decisións en grupo.Que ben o pasamos!




venres, 11 de novembro de 2022

Polo San Martiño ...


Polo San Martiño peóns ao camiño



Co mes de novembro chegou a nosa gran festa local do San Martiño e como xa di o refrán e vedes no noso fermoso corcho de Infantil, os máis peques de infantil sacaron os peóns, as buxainas, ... e pasaron unha tarde a mar de entretida descubrindo un xoguete tradicional! 



































Trala súa elaboración dentro da aula dunha buxaina caseira cun tapón de plástico e un pau longo, sairon ao patio a botar a rodar os seus peóns!