venres, 22 de decembro de 2023

Festival de Infantil


















 Un ano máis os máis pequenos do noso cole fixeronnos gozar coas súas fantásticas actuacións de Nadal.

As familias puideron disfrutar tamén dos diferentes bailes, cancións e obras teatralizadas destes pequenos grandes actores e actrices.


xoves, 21 de decembro de 2023

Panxoliñas






 Derradeira mañá de colexio!

Que mellor forma de rematar que amenizar aos peóns da rúa  cunhas bonitas panxoliñas cantadas polos máis pequenos e pequenas do colexio.

Canto cantamos e que ben o pasamos coas mestres e mestres e sobre todo vendo como a xente se animaba a cantar con nós!


BO NADAL

Festexando ....



... a chegada de Xesús!










  Celebramos todos xuntos a chegada de Xesús para estar entre nós neste Nadal.

mércores, 13 de decembro de 2023

OQ






O SOÑO DO COMPROMISO


















 A OPERACIÓN QUILO, consiste na recollida de “quilos” de comida, xoguetes e diñeiro (este último transformase todo el en alimentos de primeira necesidade). Todo o que recollemos se reparte entre as familias desfavorecidas de Ourense, a través das Cáritas Parroquiais, que os atenden todo o ano.

Un ano mais o alumnado do colexio participou traendo e colocando as súas aportacións.