venres, 28 de febreiro de 2020

Este mes convidámoste a visitar...


O blog "A vida da nosa clase" onde poderás coñecer moitas das actividades que se fan cada curso nas etapas de Infantil e Primaria.

Aínda que non todas as entradas están escritas en galego, si moitas delas.

Porque a lingua e a cultura galegas están presentes no noso día a día!

Coñecendo a Rosalía


E desta maneira promovemos entre o alumnado de 3º ESO o achegamento á figura de Rosalía, traballando en grupos e sacándolle partido aos seus Chromebooks

Porque na rede tamén se pode atopar información en galego!

Asemblea trimestral dos vogais de Normalización da Lingua galega

O venres 28 de febreiro xuntámonos na Aula Magna do colexio, de 11:40 a 12:30h, os vogais de normalización da lingua galega de Secundaria para ter a nosa asemblea trimestral, que desta volta consistíu na realización dun xesto visual: todos somos Rosalía!

Recitamos varios poemas de Rosalía, dialogamos sobre como potenciar o galego no noso centro mentres tomamos un cacao xuntos.

A clausura do acto fixémola coa foto lembranza “Todas e todos somos Rosalía!"











xoves, 27 de febreiro de 2020

Xoves de cinza


Ao ser non lectivo o mércores 26, mércores de cinza, o centro ofertou a quen desexase participar na celebración cristiá da cinza o xoves 27 de febreiro. 

Cada nivel participou nunha hora de clase desde as 8:30-9:20 a primeira con 1º ESO até as 13:30-14:10 a sexta e última con 2º bac. Toda a celebración participativa, xestual e con cantos foi en galego.

En Infantil e Primaria tamén tiveron as súas celebracións da cinza, pola tarde os primeiros e pola mañá os segundos.









venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido 2020!

Nas semanas anteriores a ponte do Entroido foise preparando un ambiente festivo de Entroido a partires dos mandados do Meco e da Meca en Infantil e Primaria que na semana do venres 21 animábanos a vir ao colexio o luns co xersei ao revés, o martes cun gorro, sombreiro ou complemento para a cabeza, o mércores cunha garabata ou complemento para o pescozo e o xoves anterior con gafas ou anteollos. 

E en Secundaria había os días divertidos ou diverdías vindo ao cole o Martes por exemplo con coletas, o mércores en pixama e o xoves cos ollos pintados.

E o xoves 20 todo Infantil tivo o seu grande desfile pola cidade desfilando arredor do colexio.

Ademais disto, a comisión de apoio as festas populares organizou o venres 21 de febreiro tres grandes festas colexiais do Entroido: pola mañá para Secundaria e pola tarde para Educación Infantil e outra para Educación Primaria.

O colexio inundouse de disfraces, comparsas, baile, desfile, musica, festa e algo de comer como galegos e galegas que somos.

Podedes ver máis fotos nas redes sociais do cole: Facebook, Instagram...












Día de Rosalía tamén no comedor...

Sumándonos á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro para animar a toda a sociedade galega a participar na conmemoración do seu nacemento, o comedor escolar de Salesianos incluíu caldo no menú escolar do venres 21 de febreiro -Rosalía naceu o 24 pero neste curso cadra en luns de Entroido-. 

Leuse o poema de Rosalía “Caldo de Gloria”, incluído en Follas Novas.









luns, 17 de febreiro de 2020

Convivencias cristiás

Os Curso de 2º ESO, 1ºESo e 1º bac ofertóuselles a posibilidade de participar nas convivencias cristiás que cada curso escolar se lles oferta neste mes de febreiro. As convivencias de 2º ESO foron en Allariz en horario escolar do luns 3 e martes 4 de febreiro.

As de 1º ESO foron o luns 10 no propio centro en horario escolar tendo o xantar de bocata no colexio.

E os de 1º de bac. foron en Allariz o luns 17 e martes 18 facendo noite no albergue salesiano da propia vila.

Todas as convivencias foron animadas en galego e todo o material achegado tamén estaba na nosa lingua.







Titorías de Mans Unidas nas aulas de Secundaria e Bacharelato

Nas dúas semanas anteriores ao Entroido o centro viviu e reflexionou sobre a problemática da fame no mundo a través da ONG Mans Unidas.

Houbo dúas titorías, unha por semana, nas que se traballou o tema.

Este ano o lema foi: "Quen máis sofre o maltrato ao planeta non es ti".

Todo o material e a dinámica foron en galego e preparáronse desde o Equipo de Pastoral.


luns, 10 de febreiro de 2020

Bocata solidario

O luns 10 de febreiro invitouse a todo o alumnado e profesorado de Secundaria a ter un xesto solidario contra a fame no mundo coa Operación Bocata Solidario. 

Aínda que se veu o vídeo da campaña en castelán, toda a organización e a lectura do manifesto foron en galego.




luns, 3 de febreiro de 2020

Actividade lúdica na festa de Xoán Bosco


O propio día da festa, o venres 31, todas as aulas de Secundaria participaron nun xogo dixital co formato 50x15. 

Empregando as pantallas interactivas das aulas, competiron por grupos para ver quen coñecían mellor a vida de Xoán Bosco.

Tanto o deseño como a presentación realizáronse entre o Equipo de Pastoral e o EDLG.

Unha forma lúdica e amena para aprender e poñer a proba os coñecementos!

Ademais diso, durante as dúas semanas previas, tamén se prepararon murais sobre Don Bosco nas aulas de ESO-Bacharelato.



Celebracións cristiás na festa de Xoán Bosco

Cada día da semana anterior á festa do venres 31 de xaneiro, ofertouse para o alumnado de cada curso de Secundaria a posibilidade de ter unha celebración cristiá da Palabra (desde 3º ESO até 2º bac.) e unha eucaristía (para 1º e 2º ESO).

Foron celebracións participativas, dinámicas e con cantos xogando co lema do curso: Coma na casa!

Porque tamén se pode rezar en galego!