Amosando publicacións coa etiqueta #Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Infantil. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de abril de 2024

CLUBE TRAGALIBROS

 
















Para festexar o Día do Libro, rapaces e rapazas da ESO, que pertencen ao clube de lectura “Tragalibros”, contaron contos aos pequenos e pequenas do cole.

 Foi unha experiencia xenial!!!





venres, 8 de marzo de 2024

8M













 O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
No noso colexio conmemoramos este día tomando conciencia da situación da muller dentro do noso día a día e fomentando o pensamento crítico en todos e cada un dos membros desta familia salesiana.

xoves, 8 de febreiro de 2024

O pasarrúas de infantil ...

  ... festexando o ENTROIDO!











Unha tarde pasada por auga pero non por iso deixamos de divertirnos e festexar coas familias esta festa tradicional da nosa terra. 
Un pasarrúas de Entroido familiar dentro dos espazos do noso cole que nos permitiu estar de festa ao acollido.
Que ben o pasamos!

venres, 22 de decembro de 2023

Festival de Infantil


















 Un ano máis os máis pequenos do noso cole fixeronnos gozar coas súas fantásticas actuacións de Nadal.

As familias puideron disfrutar tamén dos diferentes bailes, cancións e obras teatralizadas destes pequenos grandes actores e actrices.


martes, 14 de novembro de 2023

O Outono ...

 .... xa chegou as folliñas caen, as folliñas caen e cambian de cor!














Que ben o pasamos descubrindo o cambio das estacións.
Nos nosos gran patios podemos observar e recolectar todas as folliñas que van caendo para logo facer unha fermosa manualidade de outono.

Con paseos, recolectando, compartindo, observando, ... cantas cousas aprendemos coa axuda das nosas mestras :)