Amosando publicacións coa etiqueta falar en galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta falar en galego. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de maio de 2021

Festas de María Auxiliadora

Se xaneiro en Salesianos é sinónimo de festa, maio tamén o é coa lembranza á Virxe Auxiliadora.

Non foron unhas festas como as doutros anos, pero seguimos celebrando, que é o importante.

Coma sempre, moitas e diversas actividades para festexar: concursos, bailes, xogos, deportes, celebracións relixiosas, despedida do alumnado de 2º de Bacharelato...

Máis info e fotos nas RRSS do colexio.







mércores, 19 de maio de 2021

Xuntanza vogais de NL

 Neste curso houbo moitas dificultades para poder xuntármonos durante a xornada lectiva. Os grupos burbulla e as restricións non nolo puxeron doado. Pero xa no mes de maio que a cousa marchaba algo mellor, aproveitamos a celebración escolar do Día das Letras Galegas para termos un encontro no que dialogar sobre o uso do galego no noso cole e compartir ideas para promover e normalizar o uso da nosa lingua.







venres, 14 de maio de 2021

Celebración do Día das Letras Galegas

Unha celebración máis que se tivo que adaptar á situación provocada pola COVID.

Iso si, nas aulas e no patio seguimos desexando MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO. 

Ata a prensa se fixo eco do xesto!

Máis info nas RRSS do colexio.













Proxecto de innovación: Interioridade. Xuntanza do equipo.

Detrás das propostas para traballar a Interioridade no colexio hai un equipo de persoas que traballa en rede con outras educadoras e educadores que fan o mesmo noutros colexios salesianos de Galicia (A Coruña, Lugo, Cambados, Vigo).
A pandemia mudou as xuntanzas presenciais por xuntanzas telemáticas, pero a ilusión e a motivación mantéñense.



venres, 30 de abril de 2021

17 en galego

Para seguir mellorando a competencia en Lingua galega desde o Departamento de Lingua propoñen o reto "17 en galego". Unha proposta para realizar cada día ata a celebración do Día das Letras Galegas.

Anímaste? 

martes, 6 de abril de 2021

Convivencias en ESO-Bac.

Outros anos iamos a Allariz, faciamos o Camiño de Santiago, camiñabamos ata o Santuario dos Milagres... Este ano a pandemia non nos permitíu facelo así, pero tampouco renunciamos a ter polo menos unha xornada de convivencia para compartir experiencias, coñecérmonos mellor...

E así comezamos o 3º trimestre, convivindo.





xoves, 25 de marzo de 2021

Os "youtubers". Debate.

 Aproveitamos a revolta mediática sobre onde tributan as persoas que teñen milleiros de seguidoras e seguidores en Youtube para facer un debate.

Preparámonos buscando información e argumentos para defender posturas contrarias no patio (aproveitando o bo tempo), na aula, colocamos os pupitres e debatimos.

Foi unha grande aprendizaxe!


















xoves, 25 de febreiro de 2021

Celebración do Día de Rosalía

 24 de febreiro é unha data destacada no cole. Ese día celebramos o nacemento de Rosalía.

Aquí vai unha mostra de moitas das actividades que se organizaron este curso para conmemorar esta data: Cartel, mural no pórtico, rosas para Rosalía, debuxos, marcapáxinas, xogo de escape a través do Chromebook, lectura de poemas, caldo de gloria no comedor escolar...