mércores, 29 de marzo de 2023

Pupas, sustos e outros disgustos

 















Os alumnos e alumnas de 4º EP tivemos unha actividade/taller moi interesante chamada: PUPAS, SUSTOS e outros DISGUSTOS. O obxetivo era adquirir coñecementos básicos de primeiros auxilios e saber cómo actuar ante situacións de emerxencia: feridas, golpes, hematomas, febre, picaduras, RCP, posición lateral de seguridade…
Por uns intres fomos uns auténticos enfermeiros e enfermeiras grazas aos nosos amigos e amigas do SERGAS que viñeron a ensinarnos todos estes contidos.

sábado, 25 de marzo de 2023

Semana das Telarañas Máxicas

 Educación vial






Durante esta semana o alumnado de 1º e 2º de primaria veu ao colexio dun xeito sostible; bicicleta, patinetes, coche compartido, ...
A maiores cada día foron realizando diferentes actividades para aprender e reforzar este xeito de desplazarse. 
- Quen me atopo camiño ao colexio?
- Que sinais vexo no meu percorrido?
- Canta distancia hai dende a miña casa ata o colexio?

Todas estas actividades están dentro do noso proxecto anual de educación vial que realizamos en colaboración coa DXT

martes, 21 de marzo de 2023

Claustro de Innovación educativa

 INNOVACIÓN







Un  trimestre máis reunímonos todos para formarnos e aprender en comunidade. Por iso levamos a cabo un claustro cos mestres de infantil e primaria para poder ver entre todos os proxectos e camiños que imos tomar.

Xuntos abrindo camiños!