mércores, 17 de xuño de 2026
Rematamos os nosos ...
mércores, 28 de maio de 2025
Mércores da froita
Pechamos 👋🏻 o noso proxecto de Saúde Integral 🧑🏻⚕️👩🏾⚕️entregando os máis que merecidos FRUTODIPLOMAS📃!
Ao longo deste curso moito do noso alumnado 👧🏼🧒🏽👦🏻👧🏾 participou nos mércores da froita🍓🥭! Traendo os seus manxares de froita máis variados e saudables🥝🥑🫒🍏🍍🍌🍉🍑🍊🍎🥥!
Un ano máis logramos con este proxecto motivar e promover hábitos saudables para todos: pequenos, medianos e grandes! 😍🤩
Viva os mércores da froita! 🥳 Viva os nosos frutodiplomas!🥳
mércores, 27 de novembro de 2024
Proxectos no cole
SAÚDE INTEGRAL
🍎🍊 Seguimos cos Mércores de Froita no cole! 🍍🍓
O proxecto de saúde comezou outro ano máis con moita enerxía! 💪 Nas aulas, cada mércores é un día especial: o "Mércores de Froita" segue enchendo de frescura e cor as nosas aulas, con todos os nenos e nenas traendo as súas froitas favoritas ao colexio.
O obxectivo segue sendo o mesmo: fomentar unha alimentación saudable, que os pequenos aprendan a elixir opcións nutritivas e, sobre todo, que gocen dunha merenda rica e enerxética!💚
Vémonos o vindeiro mércores con máis froitas! 🍇🍓

























.jpeg)



















