mércores, 11 de setembro de 2024
E volveron ...
luns, 2 de setembro de 2024
As mestras e os mestres ...
... dámosche a benvida!
Aquí estamos un ano máis!
Neste primeiro día e logo dos saúdos despois de pasar tempo sen vernos, chegou o saúdo oficial do noso director Lupi.
Unha mañá moi productiva na que poñerse ao día, recuperar rutinas e preparar todo para a chegada dos máis importantes: Os nosos nenos e nenas!
BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 24/25
venres, 1 de setembro de 2023
Un ano máis... Comezamos!
Soñemos todos xuntos neste gran ano
E o paso dos días agasállanos, lembrando o bicentenario do soño dos 9 anos, "UN SOÑO PARA TI". Non se sabe moi ben se un é camiñante porque soña ou soña porque camiña.
Quizais sexa o mesmo. Pero hai soños que marcan a vida.
O de Xoanciño Bosco foi, é e será "un proxecto de vida". Nel están presentes todos os ingredientes para levar a cabo un estilo de vida válido para todos os tempos: un soño compartido, un soño modelo de acompañamento por quen o realiza, un soño comprometido porque transforma vidas, un soño que abre a vida cara outras fronteiras... Ese soño fíxose realidade e, polo tanto, paga a pena seguir soñando, para descubrir que tamén é “un soño para ti”.
xoves, 8 de setembro de 2022
E chegaron os nenos e as nenas...