E desta maneira promovemos entre o alumnado de 3º ESO o achegamento á figura de Rosalía, traballando en grupos e sacándolle partido aos seus Chromebooks.
Porque na rede tamén se pode atopar información en galego!
O venres 28 de febreiro xuntámonos na Aula Magna do colexio, de 11:40 a 12:30h, os vogais de
normalización da lingua galega de Secundaria para ter a nosa asemblea
trimestral, que desta volta consistíu na realización dun xesto visual: todos somos Rosalía!
Recitamos varios poemas de Rosalía, dialogamos sobre como potenciar o galego no noso
centro mentres tomamos un cacao xuntos.
A clausura do acto fixémola coa foto lembranza “Todas e todos somos
Rosalía!"
Sumándonos á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro para animar a toda a sociedade galega a participar na conmemoración do seu nacemento, o comedor escolar de Salesianos incluíu caldo no menú escolar do venres 21 de febreiro -Rosalía naceu o 24 pero neste curso cadra en luns de Entroido-.
Leuse o poema de Rosalía “Caldo de Gloria”, incluído en Follas Novas.
O 24 de febreiro son moitos os colectivos que organizan diferentes actividades por todo o país para conmemorar a data de nacemento de Rosalía de Castro, muller que significou e significa moito para Galicia, para o galego, para as mulleres...
Destacamos estas tres que terán lugar en Ourense:
#LibreOMeuPensamento_rdc_19
* Domingo 24 ás 13h. na Praza Maior: Acto cultural organizado polo Grupo RosaLauria.
* Domingo 24 ás 18h. no Auditorio Municipal: "Rosalía pequeniña. Concerto". Será un espectáculo familiar gratuíto no que música e poesía van da man na voz de Uxía Senlle na Sala Principal.
Para quen aínda non coñezades o libro-CD, aquí vos deixamos un vídeo para empezar a celebralo...
* Luns 25, de 11:30h. a 12:30h., no Salón de Plenos da Deputación de Ourense: Celebración do Día de Rosalía organizado pola Coordinadora de Escolas Católicas de Ourense. Durante este acto, unha representación de alumnas e alumnos de Carmelitas, Franciscanas, Salesianos e Xosefinas lerán e interpretarán poemas da escritora.
Se vós tamén queredes festexar este día, compartide textos, fotos, etc. co cancelo
"Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das
primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro
fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao
seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese
momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron
pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e
postas en valor."
O próximo luns 5 de marzo comezaremos no colexio as X Xornadas da Lingua. Nesta edición o alumnado traballará o tema da muller desde a clase de Inglés, relacionando as Xornadas coa celebración do Día da Muller o 8 de marzo. A través desta actividade coñecerán mulleres galegas que fixeron historia, dun xeito ou outro.
Poderedes seguir as novas en imaxes a través das redes sociais do colexio.