... MOI NOSA!
🌱🚜 Coñecendodo vocacións que alimentan o noso día a día.
🌱🚜 Coñecendodo vocacións que alimentan o noso día a día.
Hoxe alumnado, profesorado e familias do
noso colexio xuntamonos na fachada do centro para facer un xesto simbólico
contra os incendios que tanto dano causaron este verán. 🌱💚
📖 Algúns alumnos leron un
manifiesto no que expresaron a nosa solidariedade coas persoas afectadas e o
noso agradecemento a todas as persoas e equipos que loitaron para frear o
avance das lapas: brigadistas, bombeiros, voluntariado, veciños e corpos de seguridade.
🙌❤️
Unha chamada á conciencia, ao coidado da natureza e á
esperanza de que xuntos podemos protexer a nosa terra. 🌳✨
... OPERACIÓN QUILO!
Esta campaña consiste na recollida de “quilos” de comida, xoguetes e diñeiro (este último transformase todo el en alimentos de primeira necesidade). Todo o que recollemos se reparte entre as familias desfavorecidas de Ourense, a través das Cáritas Parroquiais.
Neste vídeo poderás ver as diferentes maneira de poder quilaborar nesta campaña:
Indo aos supers e deixar alimentos nos carriños onde esté o noso cartaz, nos diferentes petos en establecementos da cidade onde poderás aportar algúns cartiños, a través do BIZUM, cuxo número é: 10408.
Nas aulas dos vosos fillos e fillas onde temos a nosa báscula para encher ao máximo.
E por suposto, nos festivais de Nadal, con carácter solidario de EI-EP, onde poderedes deixar os vosos alimentos nas portas do noso teatro e os recollerán alumnos voluntarios do noso colexio.
Animámosvos a Quilaborar porque xa sabedes… Ti que podes, Quilabora!
E como podedes ver nas fotos, ao longo do mes de decembro nos Quilaboramos moito!!!
Un ano mais o alumnado do colexio participou traendo e colocando as súas aportacións.