Amosando publicacións coa etiqueta Xoán Bosco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xoán Bosco. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de febreiro de 2021

Xaneiro: Día Escolar pola Non Violencia e a Paz. Festa de San Xoán Bosco





 En Salesianos, xaneiro é sinónimo de festa.

Comezamos co xesto colexial polo Día da Non Violencia e a Paz e rematamos o mes celebrando a festividade de San Xoán Bosco.

Este curso foi distinto pola pandemia, pero adaptamos as propostas para non deixar de conmemorar o que para nós é importante.

Seguimos o Xesto da Paz en directo desde as aulas, mentres unha representación de compañeiras e compañeiros participaban no mesmo desde o patio.

Participamos en concursos, fomos ao templo para as celebracións relixiosas, tivemos as nosas tradicionais veladas (pero gravadas en vídeo e seguidas despois desde as aulas)... Todo con sentidiño, pero sen perder a ilusión!








luns, 3 de febreiro de 2020

Actividade lúdica na festa de Xoán Bosco


O propio día da festa, o venres 31, todas as aulas de Secundaria participaron nun xogo dixital co formato 50x15. 

Empregando as pantallas interactivas das aulas, competiron por grupos para ver quen coñecían mellor a vida de Xoán Bosco.

Tanto o deseño como a presentación realizáronse entre o Equipo de Pastoral e o EDLG.

Unha forma lúdica e amena para aprender e poñer a proba os coñecementos!

Ademais diso, durante as dúas semanas previas, tamén se prepararon murais sobre Don Bosco nas aulas de ESO-Bacharelato.



Celebracións cristiás na festa de Xoán Bosco

Cada día da semana anterior á festa do venres 31 de xaneiro, ofertouse para o alumnado de cada curso de Secundaria a posibilidade de ter unha celebración cristiá da Palabra (desde 3º ESO até 2º bac.) e unha eucaristía (para 1º e 2º ESO).

Foron celebracións participativas, dinámicas e con cantos xogando co lema do curso: Coma na casa!

Porque tamén se pode rezar en galego!