Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de febreiro de 2021

Xaneiro: Día Escolar pola Non Violencia e a Paz. Festa de San Xoán Bosco





 En Salesianos, xaneiro é sinónimo de festa.

Comezamos co xesto colexial polo Día da Non Violencia e a Paz e rematamos o mes celebrando a festividade de San Xoán Bosco.

Este curso foi distinto pola pandemia, pero adaptamos as propostas para non deixar de conmemorar o que para nós é importante.

Seguimos o Xesto da Paz en directo desde as aulas, mentres unha representación de compañeiras e compañeiros participaban no mesmo desde o patio.

Participamos en concursos, fomos ao templo para as celebracións relixiosas, tivemos as nosas tradicionais veladas (pero gravadas en vídeo e seguidas despois desde as aulas)... Todo con sentidiño, pero sen perder a ilusión!








xoves, 30 de xaneiro de 2020

Día Escolar Pola Non Violencia e a Paz

A comunidade educativa do colexio salesiano Mª Auxiliadora celebrou o xoves 30 de xaneiro un xesto escolar polo día da non violencia e da paz co lema “Coma na casa. Unha casa onde reine a paz”. 

Participamos todo o alumnado, profesorado, PAS e animadores deportivos e de tempo libre. Cada aula reflexionou sobre un aspecto do noso mundo grande e pequeno a partires das distintas estancias e elementos dunha casa.