Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de maio de 2022

E 6º de infantil marchou a ...



Os maiores de infantil pasaron un gran día na granxa Kirico en Pontevedra.

Os parrulos, as ovellas, as vacas, as cabras, ... rodeados de animais e natureza pasaron o seu día!

E como non un rico taller de galletas!

Un fermoso día de convivencia todos xuntos para despedir esta fermosa etapa!







E 4º de infantil marchou a ...


Os máis pequerrechos e pequerrechas do noso cole sairon por primeria vez de excursión.

Para festexar o fermoso curso que tiveron marcharon ata Lodoselo ao Centro de desenvolvemento rural "O VISO" onde puideron ver como viven, tocar e aprender curiosidades dos animais da granxa. Foron panaderios por un día amasando a súa boliña de pan. Deron un gran paseo nun carro e aprenderon a través dun fermoso conto o imprescindible que é coidar o noso planeta, xa que é o único que temos!

Un día para disfrutar da flora, da fauna e dos nosos oficios tradicionais. 







mércores, 18 de maio de 2022

E 5º de infantil marchou a ...

 

Non vai ser todo traballar e coa chegada de maio e así do bo tempo, quedou inagurada a tempada de excursións con esta saída dos nenos e nenas de 5º de infantil á granxa escola Serantellos en Cambados,

Ao longo do día puideron disfrutar de ver, tocar, alimentar e aprender curiosidades sobre animais como o burro, os porcos, as galiñas, os coellos, ... puideron coñecer e realizar a maravillosa receita do pan, traendo con eles para casa unha pequena boliña de pan amasada e feita por eles mesmos e tamén puideron facer de agricultores prantando unha cabaciña que cando saia terá forma de buxaina.

Que ben o pasamos e canto aprendemos ... e por suposto en Galego!










martes, 8 de marzo de 2022

MULLERES


Sensibilizando e comprometendo coa Igualdade! 

Hoxe os nenos e nenas de infantil traballaron ao longo da xornada o Día internacional da muller. 

Realizaron diversos obradoiros relacionados coa temática que logo levaron para casa e así poder contarlles ás súas familias o importante que é falar e traballar por un día como o de hoxe.











mércores, 23 de febreiro de 2022

A NOSA ROSALÍA



23 de febreiro é unha data destacada no cole. Tal día como hoxe hai 185 anos nacía Rosalía de Castro.

Un día especial para todos e todas as galegas xa que foi un referente e defensora da nosa fermosa lingua, O GALEGO.

Aquí vai unha mostra de moitas das actividades que se organizaron este curso para conmemorar esta data: margaridas de e para Rosalía, debuxos, marcapáxinas,  lectura de poemas, ...











domingo, 12 de decembro de 2021

Concienciando en tempos de COVID

 

Os nosos nenos e nenas de infantil poñen o seu gran de area para facernos a vida un pouco máis doce, e neste caso xunto coa axuda das súas mestras fixeron uns fermosos debuxos para mandar ao punto de cribado do CHOU! 




venres, 1 de maio de 2020

Aí vén o maio...

Compartimos con vós esta publicación e este vídeo musical do Consello da Cultura Galega para celebrar este día e a festividade deste tempo:


"O maio" é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez no que o poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) vén de xuntar nun proxecto celebrativo este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que mestura rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!

mércores, 29 de abril de 2020

Aprende galego (e inglés) co Teacher e Os Bolechas


A CRTVG segue ofrencendo contidos educativos para que as rapazas e rapaces sigan aprendendo desde a casa durante este tempo de confinamento.

Aquí vos deixamos a ligazón ao primeiro capítulo de O Teacher e Os Bolechas, para seguir aprendendo inglés desde o galego.

Desde esa páxina poderedes acceder ao resto dos capítulos.

Esperamos que vos sexa de utilidade.

See you!

martes, 28 de abril de 2020

Debuxos animados para as e os máis pequenos da casa: Tutu.


Dentro da oferta do Xabarín Club da CRTVG poderedes atopar diferentes programas de televisión para a rapazada.

Hoxe deixámosvos a ligazón para ver Tutu, unha serie de debuxos animados de factura galega.

Tutu é aventureiro, divertido e curioso. Xunto cos seus amigos e amigas resolverá en cada capítulo un novo problema, sempre desde a perspectiva da transmisión de valores e aprendizaxes para a cativada.

Cremos que é unha boa maneira de aprender valores e normalizar a lingua nos nosos fogares desde un contexto informal e nun formato atractivo. Ademais, os 7 minutos de duración de cada capítulo resultan suficientes para a exposición ás pantallas das pequenas e pequenos da casa.

Desexamos que pasedes moi bos e entretidos momentos con Tutu.

martes, 21 de abril de 2020

Aprende galego (e inglés) con Os Bolechas


Coñecedes o programa one2three que emite a CRTVG no que a rapazada pode aprender inglés con Os Bolechas?

Pois xa estades tardando en visitar a páxina web na que poderedes atopar todos os programas emitidos e seleccionar aqueles que máis vos interesen para que a rapazada poida seguir aprendendo a lingua de Shakespeare desde a casa.

See you soon!

martes, 14 de abril de 2020

100 novas cancións en Radio Picariña


A CRTVG vén de anunciar que acaban de engadir 100 cancións máis á lista de reprodución de Radio Picariña.

Xa vos presentaramos este recurso, pero deixámosvolo aquí novamente para que poidades botar man del tamén durante este periodo de confinamento doméstico.

É unha maneira divertida de que as/os máis peques da casa aprendan galego tamén a través da música.