Amosando publicacións coa etiqueta #DXT. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #DXT. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de setembro de 2025

Andando á Escola!

 




🚶‍♀️🚶‍♂️✨ Hoxe, día 22,  celebramos un ano máis “Andando á Escola” 🎒 xa que é o día Mundial sen Automóbiles.

Partimos dende a Ponte Romana e camiñamos xuntos ata o cole acompañados das nosas familias, profes e amigos 👨‍👩‍👧‍👦👩‍🏫.

Grazas á colaboración de Protección Civil, Policía, Garda Civil e a subxefa da delegación de tráfico en Ourense, puidemos gozar dunha xornada segura, divertida e moi especial 🙌💛.

 

Pasámolo xenial e estamos desexando repetir! 🎉👟


mércores, 16 de outubro de 2024

Proxectos de centro

 EDUCACIÓN VIAL


















Un ano máis seguimos traballando en proxectos transversais nas diferentes etapas. Este mes comezamos a coñecer novas sinais de tráfico e a recordar as que xa traballamos en anos anteriores.


Logo colocaremolas por todo o centro para intentar converter o colexio nun gran circuito e que nos sirva como aprendizaxe para a gran actividade que teremos no 3º trimestre!


Grazas ao alumnado de 6º por preparar unhas presentacións tan chulas e presentarllas aos nenos e nenas máis peques do cole :)

domingo, 22 de setembro de 2024

Día mundial sen coche

 

ANDANDO Á ESCOLA











Un ano máis o noso colexio comeza o proxecto de educación vial, celebrando o día mundial sen coches. Como o 22 de setembro é domingo, este venres 20 decidimos visibilizar a importancia da movilidade sostible, como fin de potenciar a actividade física e o coidado medioambiental.

Neste gran día tivemos a sorte de estar acompañados por un grupo representante das autoridades referentes á Policia Nacional, Policia Local, Protección Civil e Xefatura Provinvial de Tráfico para participar un ano máis con nós nesta iniciativa.


Coidando do noso futuro!

venres, 29 de marzo de 2024

Un proxecto vial ...

 ... as Telarañas Máxicas!










Os nenos de 6º de E.I. realizamos a actividade das Telarañas Máxicas. Dita actividade consiste en fomentar o uso de medios sostibles para ir ao colexio. Puidemos ir  andando, en bici, en patinete, en autobús ou en coche compartido cos nosos irmáns ou con outros alumnos do centro.

Cada clase tiña unha cor para as pegatinas, que pegaban nunha maceta da mesmo cor; e posteriormente pegaron esa maceta nun mural situado no pórtico .


venres, 26 de xaneiro de 2024

Visítanos ...



A POLICÍA NACIONAL







Este venres acompañounos no cole Lisi! Unha gran Policía Nacional que nos contou as labores dun policía. Que ante calquera problema están para servir e protexer e que é fundamental que nos aprendamos o número do 112 e o 091 para iso déronnos un gran truco 1 boca 1 nariz 2 ollos. Que ben o pasamos e canto aprendimos!

venres, 22 de setembro de 2023

Soñamos co camiño cara Salesianos


 ANDANDO Á ESCOLA



Como cada 22 de setembro, Día mundial sen coches, Hoxe, ecomo parte do noso proxecto de educación vial, o noso colexio quedou na rúa Ribeiriño para vir xuntos andando á escola. 

 

Un cento de familias, mestres, nenos e nenas, xunto cun grupo representante das autoridades referentes á Policia Nacional, Policia Local, Protección Civil e Xefatura Provinvial de Tráfico, achegáronse para participar un ano máis nesta iniciativa.

Que diver poder vir xuntos e seguros :)








sábado, 25 de marzo de 2023

Semana das Telarañas Máxicas

 Educación vial






Durante esta semana o alumnado de 1º e 2º de primaria veu ao colexio dun xeito sostible; bicicleta, patinetes, coche compartido, ...
A maiores cada día foron realizando diferentes actividades para aprender e reforzar este xeito de desplazarse. 
- Quen me atopo camiño ao colexio?
- Que sinais vexo no meu percorrido?
- Canta distancia hai dende a miña casa ata o colexio?

Todas estas actividades están dentro do noso proxecto anual de educación vial que realizamos en colaboración coa DXT

mércores, 8 de febreiro de 2023

As telarañas máxicas

 

As telarañas máxicas 

Esta semana os nenos e nenas de 6º de Infantil disfrutaron un montón coa actividade das Telarañas Máxicas. Dita actividade consiste en vir ao colexio camiñando, en bici, patinete… Ao chegar ao colexio recibían unha pegatina para colocar no mural situado nun corcho do pórtico.

Queremos dar as grazas a Sinda Aguiar, a responsable da DXT en Ourense, que nos acompañou un dos días para realizar a actividade, e entregou aos nenos un marcapáxinas que levaron para casa.

Moitas grazas tamén a todas as familias pola súa colaboración.