Amosando publicacións coa etiqueta #EnGalego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #EnGalego. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2026

17 maio...

LETRAS GALEGAS








 

“Mil primaveras máis para o galego” 🌸🏵️🤍💙

Iso berramos con forza no noso acto para reivindicar e festexar as Letras Galegas de 2026 adicadas á gran Begoña Caamaño 👩🏼‍🏫📝📚📰.

 

Coa inestimable axuda de @uxia_moran que se achegou ao cole para dedicarnos unha verbas en prol do galego.

Rematamos un ano máis cantando a viva voz o noso himno “Os Pinos” 🔊🎤 🎵

Viva o GALEGO! Viva GALICIA!

Vémonos nas Letras Galegas 2027! 🤍💙


mércores, 25 de marzo de 2026

Na semana da lingua ...

 ... PATIOS POPULARES!








Ao longo desta semana os nosos patios convertéronse nun lugar de encontro cos xogos populares e tradicionais. 
Que ben o pasamos! XD

venres, 20 de marzo de 2026

Na semana da lingua ...

 ... contacontos co Club Tragalibros!






📚 O venres disfrutamos dunha tarde de contos chea de maxia ✨

Grazas ao Club “Tragalibros” da ESO, mergullámonos en historias que fixeron voar a imaxinación 💫


luns, 23 de febreiro de 2026

A nosa Rosalía

 
ROSALÍA DE CASTRO











Esta luns 23 de febreiro conmemoramos en Salesianos o 189º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da literatura galega e símbolo da nosa identidade cultural.


xoves, 29 de xaneiro de 2026

Un campaña vocacional...

 ... MOI NOSA!








🌱🚜 Coñecendodo vocacións que alimentan o noso día a día.


Dentro da campaña vocacional, os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron unha visita moi especial: agricultores 🚜 e ganadeiros de Maceda e Xinzo de Limia, que estes días se están movilizando en Ourense.

👩‍🌾👨‍🌾 Explicáronlle en que consiste o seu traballo, como se cultivan os cereais e as patacas 🥔 , como se coidan as vacas 🐄 e os tenreiros… e incluso puideron ver os tractores 🚜 de preto!

Como detalle final, compartiron unhas deliciosas patacas fritas producidas e envasadas en Xinzo de Limia 🥔✨

Dende Salesianos queremos dar voz e visibilizar a realidade de agricultores e ganadeiros, profesións tan necesarias como pouco recoñecidas.
Todo elo nun contexto marcado pola polémica dun novo acordo comercial entre a UE e Mercosur, que o sector denuncia como competencia desleal, ao permitir a entrada de productos que non cumpren as mesmas exigencias ambientais, sanitarias e de benestar animal.

🚨 As protestas en toda Europa reclaman igualdade de condicións, defenden a producción local e alertan do risco de abandono do medio rural. Porque sen agricultura nin gandeiría, non hai futuro.


martes, 13 de xaneiro de 2026

Hoxe recomendamos ...

 


... PASATEMPOS EN GALEGO CON PIDOPAPAS!



Comezamos o ano recomendando un material en galego para a rapazada de todas as idades!


PidoPapas elabora Pasatempos en galego: Escape Rooms, sopas de letras, búsquedas do tesouros... moi axeitados e divertidos.


https://pidopapas.com/

Esperamos que vos gusten tanto como a nós! :)

venres, 19 de decembro de 2025

O noso Nadal


ILUSIÓN. FE. ESPERANZA













  E chegou o Nadal. Unha época de ilusión e esperanza que neste cole sabesmo festexar moi ben.

Entre festivais, oracións, celebracións, visitas ao noso belén, visita dos Paxes Reais, actividades especiais como a pista de xeo ...

Pero sempre gardamos forzas e tempo para actividades solidarias como a nosa gran recollida de alimentos, xoguetes e roupa, apoiando sempre a Amencer coa súa Operación Quilo!

É un tempo para gozar pero tamén un tempo axudar!

Bo Nadal a todos e todas! :)

martes, 11 de novembro de 2025

Tempo de ...

 ... MAGOSTO!











Aínda que o tempo non estaba do noso lado ☁️🌧️, pasámolo en grande!

 

😄 Entre castañas quentiñas 🔥🌰, risas a galope 😂🏃‍♂️🏃‍♀️, xogos divertidísimos 🎯⚽ e algunha pinga de choiva que se atreveu a colarse 💦, desfrutamos dunha tarde inolvidable.

mércores, 15 de outubro de 2025

Dámoslle a benvida ao ...








... o OUTONO!










 Dende os diferentes niveis de infantil e primaria démoslle a benvida a esta nova estación.


A través de diferentes actividades aprendemos sobre o Outono.