martes, 25 de maio de 2021

Festas de María Auxiliadora

Se xaneiro en Salesianos é sinónimo de festa, maio tamén o é coa lembranza á Virxe Auxiliadora.

Non foron unhas festas como as doutros anos, pero seguimos celebrando, que é o importante.

Coma sempre, moitas e diversas actividades para festexar: concursos, bailes, xogos, deportes, celebracións relixiosas, despedida do alumnado de 2º de Bacharelato...

Máis info e fotos nas RRSS do colexio.







mércores, 19 de maio de 2021

Xuntanza vogais de NL

 Neste curso houbo moitas dificultades para poder xuntármonos durante a xornada lectiva. Os grupos burbulla e as restricións non nolo puxeron doado. Pero xa no mes de maio que a cousa marchaba algo mellor, aproveitamos a celebración escolar do Día das Letras Galegas para termos un encontro no que dialogar sobre o uso do galego no noso cole e compartir ideas para promover e normalizar o uso da nosa lingua.







venres, 14 de maio de 2021

Celebración do Día das Letras Galegas

Unha celebración máis que se tivo que adaptar á situación provocada pola COVID.

Iso si, nas aulas e no patio seguimos desexando MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO. 

Ata a prensa se fixo eco do xesto!

Máis info nas RRSS do colexio.













Proxecto de innovación: Interioridade. Xuntanza do equipo.

Detrás das propostas para traballar a Interioridade no colexio hai un equipo de persoas que traballa en rede con outras educadoras e educadores que fan o mesmo noutros colexios salesianos de Galicia (A Coruña, Lugo, Cambados, Vigo).
A pandemia mudou as xuntanzas presenciais por xuntanzas telemáticas, pero a ilusión e a motivación mantéñense.



luns, 3 de maio de 2021

Benvido, maio!

 No noso cole dámoslle a benvida a este mes elaborando maios, colocando maias no cole e nas casas e visitando o maio de Amencer ao ritmo das coplas, seguindo a tradición.