Amosando publicacións coa etiqueta rezar en galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rezar en galego. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de maio de 2021

Festas de María Auxiliadora

Se xaneiro en Salesianos é sinónimo de festa, maio tamén o é coa lembranza á Virxe Auxiliadora.

Non foron unhas festas como as doutros anos, pero seguimos celebrando, que é o importante.

Coma sempre, moitas e diversas actividades para festexar: concursos, bailes, xogos, deportes, celebracións relixiosas, despedida do alumnado de 2º de Bacharelato...

Máis info e fotos nas RRSS do colexio.







venres, 9 de abril de 2021

Celebración pascual.

Fieis á nosa identidade cristiá, tivemos a finais do 2º trimestre as celebracións da reconciliación en ESO-Bac. e tamén unha celebración en clave pascual en EP celebrando a boa nova de que Xesús resucitou!



xoves, 18 de febreiro de 2021

Celebración da cinza.

No comezo da coresma, lembramos que somos e seremos po. O importante é a Vida que transcorre entre medias.




mércores, 23 de decembro de 2020

Celebracións de Nadal

Nadal é tempo de solidariedade, de festas e celebracións, de reencontros..., pero sobre todo é tempo de celebrar que Deus está con nós, que se fixo neno en Xesús e que está presente nas nosas vidas.




E ademais das celebracións cristiás, felicitacións, festivais, concurso de postais...

Bo Nadal e feliz e próspero aninovo!
 

domingo, 26 de abril de 2020

Fe e galeguidade... Asociación Irimia.


Hoxe domingo queremos darvos a coñecer a Asociación Irimia. Foi fundada en 1978 e "desde aquela veu arroupando diversas actividades na liña de promover unha galeguidade cristiá, solidaria cos máis ignorados pola sociedade e en diálogo con calquera persoa ou colectivo comprometidos nos mesmos valores".

Para que coñezades mellor quen son e que fan, deixámosvos ligazón á súa páxina e á revista Irimia na que poderedes atopar moitos artigos interesantes sobre fe e galeguidade.

Agardamos que vos preste esta descuberta.

Feliz domingo!

domingo, 19 de abril de 2020

É domingo!

Seguimos no tempo de Pascua, tempo de esperanza e de alegría.

Se xa compartimos con vós a canle de YouTube para que poidades seguir a misa en galego desde a parroquia de San Ildefonso en San Cibrao das Viñas, hoxe queremos compartir con vós a ligazón desde a que podedes acceder á lectura da biblia en galego.


Porque Deus tamén fala galego.


Feliz domingo!

domingo, 12 de abril de 2020

Feliz Pascua de Resurrección!


Talvez nestes momentos máis ca nunca antes teña para nós sentido celebrarmos a Pascua.

Para quen somos cristiáns, vivir coa esperanza da resurrección anímanos a seguir adiante, sobre todo en tempos difíciles. Xesús, a luz do mundo, resucitou!

Non imos desenvolver aquí unha catequese aínda que cremos que si estaría ben aproveitar a oportunidade para re-descubrir que significa a Pascua para cada un/unha de nós.

Hoxe deixámosvos varias propostas para achegarnos de diferentes maneiras ao significado e valor do que celebramos.

Esperamos que vos sexan recursos de utilidade e vos sirvan para gozar doutra maneira deste domingo máis na casa.

Aleluia, Aleluia!

Ah, lembrade que poderedes seguir a eucaristía en galego a través da páxina de YouTube da Parroquia de San Ildefonso en San Cibrao das Viñas.

RECURSOS tomados do blog Xa nos tes aquí

* Fichas e imaxes para falar da Semana Santa cos máis pequenos da casa.

* Catequese sobre o Via Lucis ou camiño da resurrección en imaxes para colorear.

* Historia do coello de Pascua e manualidades con ovos.

domingo, 5 de abril de 2020

Domingo de Ramos...



Hoxe non sairemos coas palmas e os ramos de oliveira, mais poderemos seguir os oficios relixiosos a través da canle de YouTube da Parroquia de San Ildefonso en San Cibrao das Viñas.

Porque desde a casa tamén poderemos celebrar a nosa fe, hoxe e durante os oficios de Semana Santa, nos próximos domingos...

Feliz domingo!

xoves, 27 de febreiro de 2020

Xoves de cinza


Ao ser non lectivo o mércores 26, mércores de cinza, o centro ofertou a quen desexase participar na celebración cristiá da cinza o xoves 27 de febreiro. 

Cada nivel participou nunha hora de clase desde as 8:30-9:20 a primeira con 1º ESO até as 13:30-14:10 a sexta e última con 2º bac. Toda a celebración participativa, xestual e con cantos foi en galego.

En Infantil e Primaria tamén tiveron as súas celebracións da cinza, pola tarde os primeiros e pola mañá os segundos.









luns, 17 de febreiro de 2020

Convivencias cristiás

Os Curso de 2º ESO, 1ºESo e 1º bac ofertóuselles a posibilidade de participar nas convivencias cristiás que cada curso escolar se lles oferta neste mes de febreiro. As convivencias de 2º ESO foron en Allariz en horario escolar do luns 3 e martes 4 de febreiro.

As de 1º ESO foron o luns 10 no propio centro en horario escolar tendo o xantar de bocata no colexio.

E os de 1º de bac. foron en Allariz o luns 17 e martes 18 facendo noite no albergue salesiano da propia vila.

Todas as convivencias foron animadas en galego e todo o material achegado tamén estaba na nosa lingua.







luns, 3 de febreiro de 2020

Celebracións cristiás na festa de Xoán Bosco

Cada día da semana anterior á festa do venres 31 de xaneiro, ofertouse para o alumnado de cada curso de Secundaria a posibilidade de ter unha celebración cristiá da Palabra (desde 3º ESO até 2º bac.) e unha eucaristía (para 1º e 2º ESO).

Foron celebracións participativas, dinámicas e con cantos xogando co lema do curso: Coma na casa!

Porque tamén se pode rezar en galego!