Amosando publicacións coa etiqueta #NovoCurso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #NovoCurso. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de setembro de 2024

E volveron ...

... os máis importantes!



















Con moitas ganas e ilusión volvemos, un ano máis, ao cole.
Este ano comezamos un mércores 11 de setembro con un gran sol no ceo que nos enche de alegría.

Reencontrarse con compañeiros e compañeiras, ver a aula coa súa nova decoración, os patios, tempo de recreo, os mestres e mestras que nos reciben cun gran sorriso.


Que gran curso no agarda! Temos un bo FUTURO por diante!






venres, 15 de setembro de 2023

Inaguración en Infantil

 A ilusión do novos comezos














Que mellor xeito de comezar un curso que e
ntre xogos, risas, amigos e amigas vellos e novos... 

A mañá pasousenos rapidísimo entre os xogos que nos prepararon con tanto cariño os animadores e animadoras de Amencer, a exhibición de patinaxe organizada por Tamara onde participaban nenos e nenas das etapas de infantil e primaria e como non unha bonita celebración ao aire libre na que puidemos disfrutrar da boa múscia do profe Fran!

Grazas por un día inolvidable :)


luns, 24 de outubro de 2022

Mes misioneiro

 

Ramón Iribertegui


Coa chegada de outubro comezamos un mes adicado ás persoas que dan a súa vida para axudar a outras. Coñecemos así a Ramón Iribertegui, un salesiano que agora mesmo está a vivir na comunidade salesiana de Ourense e que nos fixo unha fermosa presentación da súa vida na Amazonía Venezolana como misioneiro.

Os nenos e nenas tanto de primaria como de infantil descubriron un novo camiño que seguir na  vida.







 

xoves, 8 de setembro de 2022

E chegaron os nenos e as nenas...

 

8 de setembro! 

E volveron os nosos alumnos e alumnas a encher o noso gran colexio, a rebulir dentro das aulas, a encher os nosos patios de berros, risas, xogos ... os corredores cheos de vida outra vez... 

O primeiro foi darlles unha agarimosa Benvida! o segundo ver as súas novas aulas, os compañeiros e compañeiras novos e tamén os vellos. As mestres e mestres que nos agardaban con moitas ganas e ilusión!

Unha mañá chea de emocións e sentimentos que deron inicio nas aulas vendo e falando cos compas!








Logo de pornos ao día cos nosos compañeiros e compañerias e coas nosas mestres e mestras, fomos á Igrexa para dar que Xesús nos dese a benvida a este novo camiño.









Pasamos tamén polo gran teatro para vernos todos as caras, presentar a nosa folla de ruta deste novo camiño e coñecer dun xeito oficial a nosa nova xefa de estudo Cris!



O resto da mañá puidemos disfrutala xogando cos amigos de Amencer que viñeron a presentar o IEF (Saltimbanquis para 1º, 2º 3º de primaria e Andaina para 4º, 5º, 6º) e gozamos vendo unha fermosa exhibición de patinaxe dalgunhas das nosas compañeiras de primaria e a súa gran mestra Tamara.














UN DÍA FANTÁSTICO!