venres, 1 de setembro de 2023

Un ano máis... Comezamos!

 


Soñemos todos xuntos neste gran ano





"Abrir camiños" fíxose historia porque asimilamos que a vida, en todas as súas dimensións, é un camiño, que "a meta é estar en camiño".

 E o paso dos días agasállanos, lembrando o bicentenario do soño dos 9 anos, "UN SOÑO PARA TI". Non se sabe moi ben se un é camiñante porque soña ou soña porque camiña. 

Quizais sexa o mesmo. Pero hai soños que marcan a vida.

 O de Xoanciño Bosco foi, é e será "un proxecto de vida". Nel están presentes todos os ingredientes para levar a cabo un estilo de vida válido para todos os tempos: un soño compartido, un soño modelo de acompañamento por quen o realiza, un soño comprometido porque transforma vidas, un soño que abre a vida cara outras fronteiras... Ese soño fíxose realidade e, polo tanto, paga a pena seguir soñando, para descubrir que tamén é “un soño para ti”.



Ningún comentario:

Publicar un comentario