xoves, 19 de xaneiro de 2023

Vemos unha exposición

 


EXPOSICIÓN “SEN BIODIVERSIDADE NON HAI VIDA”












A exposición “Sen biodiversidade non hai vida”, deseñada por Ecoloxistas en Acción, estivo a disposición da comunidade educativa entre o luns 16 e o venres 27 de xaneiro. Grazas a Nancy Blanco, coordinadora de Ecoloxistas en Acción Ourense, encargada de xestionar a cesión do material, a exposición estivo instalada no Laboratorio de Ciencias da Natureza durante a primeira semana, e no hall de secretaría durante a segunda.

A exposición consta de 10 pósters, que tratan os seguintes temas:

  • Sen biodiversidade non hai vida.
  • Que é a biodiversidade.
  • Perdendo biodiversidade.
  • Nós somos a causa.
  • Somos biodependentes.
  • A polinización.
  • Unha farmacia inesgotábel.
  • A biodiversidade, esencial para a economía.
  • Fonte de pracer.
  • Deter a perda de biodiversidade.


Por ela pasamos varios cursos de primaria mentres o noso gran mestre de secundaria Quique nolo explicaba dun xeito máis dinámico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario