xoves, 8 de setembro de 2022

E chegaron os nenos e as nenas...

 

8 de setembro! 

E volveron os nosos alumnos e alumnas a encher o noso gran colexio, a rebulir dentro das aulas, a encher os nosos patios de berros, risas, xogos ... os corredores cheos de vida outra vez... 

O primeiro foi darlles unha agarimosa Benvida! o segundo ver as súas novas aulas, os compañeiros e compañeiras novos e tamén os vellos. As mestres e mestres que nos agardaban con moitas ganas e ilusión!

Unha mañá chea de emocións e sentimentos que deron inicio nas aulas vendo e falando cos compas!








Logo de pornos ao día cos nosos compañeiros e compañerias e coas nosas mestres e mestras, fomos á Igrexa para dar que Xesús nos dese a benvida a este novo camiño.









Pasamos tamén polo gran teatro para vernos todos as caras, presentar a nosa folla de ruta deste novo camiño e coñecer dun xeito oficial a nosa nova xefa de estudo Cris!



O resto da mañá puidemos disfrutala xogando cos amigos de Amencer que viñeron a presentar o IEF (Saltimbanquis para 1º, 2º 3º de primaria e Andaina para 4º, 5º, 6º) e gozamos vendo unha fermosa exhibición de patinaxe dalgunhas das nosas compañeiras de primaria e a súa gran mestra Tamara.














UN DÍA FANTÁSTICO!






Ningún comentario:

Publicar un comentario