venres, 12 de setembro de 2025

Reivindicamos ...

 

... NON MÁIS LUMES!






 Hoxe alumnado, profesorado e familias do noso colexio xuntamonos na fachada do centro para facer un xesto simbólico contra os incendios que tanto dano causaron este verán. 🌱💚
 
📖 Algúns alumnos leron un manifiesto no que expresaron a nosa solidariedade coas persoas afectadas e o noso agradecemento a todas as persoas e equipos que loitaron para frear o avance das lapas: brigadistas, bombeiros, voluntariado, veciños e corpos de seguridade. 🙌❤️
 
Unha chamada á conciencia, ao coidado da natureza e á esperanza de que xuntos podemos protexer a nosa terra. 🌳✨

Ningún comentario:

Publicar un comentario