Amosando publicacións coa etiqueta #Despedida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Despedida. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de xuño de 2024

Todo o bo remata 3

 Despedindo o curso 23/24





Desta vez pomos o punto e final os mestres e mestras. 

Un derradeiro día do curso 23-24 para recordar sempre, comezamos cun claustro de posta ao día do vivido ao longo deste gran curso, a despedida das nosas compañeiras Maite e Trini, unha visita á fábrica de Maeloc para coñecer e aprender xuntos e por último un bo xantar para convivir e despedirnos.


Agardamos que disfrutedes do verán... Vémonos no seguinte curso.

Curso 24/25 Somos Futuro

xoves, 20 de xuño de 2024

Todo o bo remata

 Aló foi o curso 23/24













Un ano máis os nenos e nenas de infantil pechan o curso escolar coa saída ao parque Barbaña, onde gozaron toda a mañá dos seus compas e profes, así como das instalacións do parque.

Despedirse así do cole sempre é unha ledicia.

Ata o ano que ven!