xoves, 29 de xaneiro de 2026

Un campaña vocacional...

 ... MOI NOSA!








🌱🚜 Coñecendodo vocacións que alimentan o noso día a día.


Dentro da campaña vocacional, os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron unha visita moi especial: agricultores 🚜 e ganadeiros de Maceda e Xinzo de Limia, que estes días se están movilizando en Ourense.

👩‍🌾👨‍🌾 Explicáronlle en que consiste o seu traballo, como se cultivan os cereais e as patacas 🥔 , como se coidan as vacas 🐄 e os tenreiros… e incluso puideron ver os tractores 🚜 de preto!

Como detalle final, compartiron unhas deliciosas patacas fritas producidas e envasadas en Xinzo de Limia 🥔✨

Dende Salesianos queremos dar voz e visibilizar a realidade de agricultores e ganadeiros, profesións tan necesarias como pouco recoñecidas.
Todo elo nun contexto marcado pola polémica dun novo acordo comercial entre a UE e Mercosur, que o sector denuncia como competencia desleal, ao permitir a entrada de productos que non cumpren as mesmas exigencias ambientais, sanitarias e de benestar animal.

🚨 As protestas en toda Europa reclaman igualdade de condicións, defenden a producción local e alertan do risco de abandono do medio rural. Porque sen agricultura nin gandeiría, non hai futuro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario