... mércores da froita!
Hoxe queremos recoñecer o compromiso e a participación dos nosos nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria na actividade “Mércores da Froita”.
Ao longo de todo o curso escolar, cada mércores, o noso alumnado trouxo froita para merendar a media mañá convertendo este sinxelo xesto nun hábito saudable que contribúe ao seu benestar e á adquisición de estilos de vida máis sans. Esta iniciativa non só fomentou unha alimentación equilibrada, senón que tamén serviu para concienciar sobre a importancia de coidar a saúde desde idades temperás.
Parabéns a todos e todas, e moitas grazas pola vosa colaboración! 👏🍎🍌🍐🍊🍓




















