O venres 16 de maio ás 12:30 horas a comunidade
educativa do colexio salesiano María Auxiliadora da nosa cidade de Ourense
realizou un acto colexial para festexar o Día das Letras Galegas que por caer
en sábado este curso o 17 de maio, adiantamos ao venres 16, coordinado polo
EDLG.
É a nosa festa escolar polas Letras Galegas.
Preténdese que toda a comunidade educativa celebre esta festa tan nosa.
Participamos case 1.200 persoas.
Os obxectivos que pretendemos
son os seguintes:
-
Potenciar os valores propios da festa das Letras Galegas
-
Promover o uso da lingua galega no cotián
-
Dar a coñecer o autor homenaxeado deste ano
-
Sentirnos comunidade educativa unida en torno ao noso
país
Horario
e explicación do acto:
11:40-12:10h. Motivación e explicación na clase do acto que imos
realizar como comunidade educativa (EI-EP-ESO-BAC.).
Reparto do
marcapáxinas conmemorativo.
12:30-13:00h. Xuntanza de toda a comunidade educativa no ximnasio do
colexio.
1º Presentación.
2º Motivación e explicación de por que se celebra e por que
celebramos nós o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. (Mónica Fernández, técnica de
normalización lingüística no Concello).
3º Presentación da figura das cantareiras a partires do
traballo preparado polo alumnado de
EP.
4º Mil primaveras máis para o galego.
Un grupo do
alumnado de Infantil portará a bandeira galega.
Unha persoa de cada
un dos cursos de Secundaria levou na man unha flor e un folio no que levou escrito o lema que leu para o resto diante do micro.
Despois de ler
quedou diante da bandeira e os representantes repetiron en voz alta e alzando
a flor: “Mil primaveras máis para o galego!” e depositaron a flor na bandeira.
5º Himno Galego e despedida:
12:30h. Fin do acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario