Amosando publicacións coa etiqueta #Frutodiplomas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Frutodiplomas. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2026

Rematamos os nosos ...

 


... mércores da froita!
































Hoxe queremos recoñecer o compromiso e a participación dos nosos nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria na actividade “Mércores da Froita”.

Ao longo de todo o curso escolar, cada mércores, o noso alumnado trouxo froita para merendar a media mañá convertendo este sinxelo xesto nun hábito saudable que contribúe ao seu benestar e á adquisición de estilos de vida máis sans. Esta iniciativa non só fomentou unha alimentación equilibrada, senón que tamén serviu para concienciar sobre a importancia de coidar a saúde desde idades temperás.

Queremos felicitar aos nosos nenos e nenas, verdadeiros protagonistas deste proxecto. Co seu entusiasmo e constancia demostraron que os pequenos hábitos poden xerar grandes resultados. Por este motivo, facemos entrega dun diploma por aula como recoñecemento á súa participación en “Mércores da Froita”, agradecendo o seu esforzo e animándoos a continuar practicando hábitos saudables dentro e fóra da escola.
Parabéns a todos e todas, e moitas grazas pola vosa colaboración! 👏🍎🍌🍐🍊🍓